Cursos formación preventiva 2019

Sharing is caring!

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) está organizando cursos de formación preventiva para traballadores do sector mineiro, tanto aqueles regulados pola ITC 02.1.02 do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, como outros sobre riscos de seguridade, hixiénicos e ergonómicos que tamén son de interese.

Estes cursos teñen carácter gratuíto, xa que están subvencionados polas axudas á seguridade mineira co apoio da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas (Ministerio para a Transición Ecolóxica).

Ata o momento están planificados os seguintes cursos iniciais (20 h) no ámbito da ITC 02.1.02:

  • Formación preventiva para operadores de plantas e oficinas. Lugo. 24, 25, 31 de maio e 1 de xuño de 2019.
  • Formación preventiva para operadores de maquinaria de arranque. Santiago de Compostela. 24, 25, 31 de maio e 1 de xuño de 2019.
  • Formación preventiva para operadores de perforación, corte e voladura. Lugo. 7, 8, 14 e 15 de xuño de 2019.

O horario será os venres de 15:30 h a 20:30 h e sábados de 9:00 h a 14:00 h. A terceira xornada de cada curso será unha sesión de prácticas nunha empresa mineira.

O prazo de inscrición finaliza 5 días antes da data de inicio do curso. Para formalizala, só hai que enviar cuberta a ficha de inscrición.

En caso de non alcanzarse o número de persoas mínimo para impartir o curso, cambiarase a data. Mentres que se a demanda supera a oferta de prazas, terán prioridade as empresas membro da COMG ao corrente no pago das cotas, seguidas de aquelas empresas que formalizaran a preinscrición con anterioridade.

Proximamente informaremos dos cursos sobre outras cuestións en materia de seguridade mineira programados para este ano 2019.