Jornada energia inega

Representantes da COMG asisten a unha xornada sobre a dimensión enerxética do desenvolvemento industrial en Galicia

O martes 10 de xuño celebrouse a xornada ‘A dimensión enerxética do desenvolvemento industrial en Galicia: o reforzo da rede e a repotenciación eólica’, organizada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), á que asistiron a presidenta da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), Cecilia Trancón, e a directora, Arantxa Prado.

Durante o encontro, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou a importancia de reforzar a rede eléctrica tanto para evacuar a enerxía procedente de fontes renovables como para que os novos proxectos industriais, moitos deles intensivos en consumo de electricidade, teñan posibilidade de instalarse. Tamén concretou que, neste momento, a Xunta xa está a traballar cunha primeira vintena de parques eólicos con máis de 25 anos de antigüidade que van ter que iniciar os trámites para a súa repotenciación nos próximos meses.