A Escola de Minas lanza o concurso fotográfico ABRANDA. Rme2019

Sharing is caring!

A Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, dentro das actividades programadas en relación á celebración do día internacional das mulleres o 8 de marzo, acaba de lanzar o I concurso de fotografía ABRANDA. Rme2019. O obxectivo desta iniciativa é dar visibilidade á muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñería de minas e enerxía.

As imaxes que se presenten a concurso deben ser orixinais e mostrar situacións, paisaxes ou circunstancias relacionadas coa xeración e uso da enerxía, enerxías renovables, explotación de minerais e rocas, túneles e obras subterráneas, restauración de espazos, explosivos… nas que a muller apareza ben como protagonista, cun enfoque positivo, ou ben nas que se poña de manifesto a masculinización da actividade, como medio de denuncia.

As persoas interesadas poden enviar as súas fotografías antes do 27 de febreiro (23:59 horas) a eme@uvigo.es, cumprindo os requisitos establecidos nas bases do concurso, que están dispoñibles na web da Escola de Minas e Enerxía