27 Xul Aberto o prazo de consulta pública do Borrador da Estrategia de Descarbonización a Largo Plazo
En liña co compromiso da Unión Europea de ser climaticamente neutra en 2050 e a declaración de Emerxencia Climática do Goberno de España, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) activou o período de información pública da Estratexia de Descarbonización a Largo Plazo (ELP), que marca a senda para lograr que España teña unha economía con cero emisións netas de gases de efecto invernadoiro para o ano 2050.
Esta descarbonización englóbase dentro do Marco Estratéxico de Enerxía e Clima do Goberno de España e do Plan Nacional Integrado de Estratexia e Clima (PNIEC) 2021-2030 e segue o camiño marcado polo European Green Deal e polos Acordos de París. Ademais do cumprimento dos acordos internacionais e da loita contra o cambio climático, as accións para a descarbonización recollidas no borrador supoñen amplas vantaxes en termos de emprego, atracción de investimentos, activación e transformación da economía e mellora da competitividade empresarial e industrial.
O documento perfila, coa suficiente anticipación e baixo criterios de cohesión social, equidade e transición xusta, a traxectoria que permitirá que o consumo final de enerxía –incluíndo o de edificios, transporte e sectores económicos– sexa plenamente renovable a mediados de século, mellorando a saúde e calidade de vida da cidadanía e incidindo na conservación da biodiversidade e a adaptación ao cambio climático.
Consulta o borrador da Estrategia de Descarbonización a Largo Plazo (ELP).
Presentación de alegacións
Todas aquelas empresas e organizacións socias da COMG que desexen facer réplicas ou comentarios ao texto do borrador poderán enviar un correo a cmg@camaraminera.org ata o 14 de setembro de 2020. A Cámara remitirá as alegacións ao Comité Normativo para a súa revisión e emitirá un documento ao MITECO.