01 Abr Aberta a convocatoria de IDAE das axudas para eficiencia enerxética en pymes e grandes empresas do sector industrial
O Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) desenvolve o Programa de axuda para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial.
Estas subvencións poden solicitarse en todas as comunidades autónomas e os seus destinatarios son aquelas empresas pertencentes ao sector industrial que desexen realizar actuacións de mellora de eficiencia enerxética e implementación de sistemas de xestión enerxética para reducir o consumo de enerxía nos procesos industriais. Este programa conta cunha dotación orzamentaria global de 307,6 millóns de euros, cunha partida de 16,6 millóns para Galicia.
Quen pode solicitar estas axudas?
- PEMES ou Grandes Empresas cuxo CNAE 2009 estea comprendido entre os epígrafes 07 e 39, excepto o 12 (industria do tabaco).
- Empresas de servizos enerxéticos.
Que tipo de proxectos cobren?
Trátase de subvencións a fondo perdido, que cobren ata o 30% do investimento elexible:
- Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais, que reduzan o consumo de enerxía final nas instalacións.
- Implantación de sistemas de xestión enerxética, que reduzan o consumo de enerxía final nas instalacións.
- NON encaixan nestas axudas as actuacións destinadas á adquisición/instalación de placas solares.
O prazo de presentación de solicitudes abriuse na comunidade galega o pasado setembro e pecharase en decembro de 2020 ou ata o fin dos fondos dispoñibles.