
10 Xuñ A COMG, xunto á Fundación Centro Tecnolóxico do Granito, participa na feira ACiENCiACERTA 2025
A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), en colaboración coa Fundación Centro Tecnolóxico do Granito, participou en ACiENCiACERTA 2025. Este evento, organizado polo Concello do Porriño, está pensado para achegar a ciencia aos veciños dunha forma lúdica e alcanzable para os nenos e nenas. Por tanto, entre os seus principais obxectivos están o de aumentar as vocacións científicas e espertar o gusto pola ciencia entre pequenos e maiores.
Representantes da COMG asistiron á feira para repartir axendas do próximo curso escolar 2025/2026, creadas pola Cámara co apoio de varias empresas mineiras, así como tamén libros de “O tesouro das estrelas” entre os pequenos asistentes. Tamén levaron a cabo un taller con produtos representativos de todo o sector mineiro galego.