02 Out Varias sobreviventes de cancro benefícianse da práctica de piragüismo no lago das Pontes
O lago mineiro das Pontes (A Coruña), que hai décadas era unha mina de carbón, é hoxe en día unha extensión de auga de 8,7 quilómetros de lonxitude grazas a unha ambiciosa restauración nun enclave no que predomina o azul da auga e o verde da vasta vexetación que o rodea.
Trátase do lago artificial máis grande de Europa, que non só alberga un ecosistema único, senón tamén unha oferta de lecer, benestar e deporte. Agora mesmo é o punto de encontro e lugar de adestramento dun grupo de mulleres sobreviventes de cancro de mama e pertencentes ao club pontés Náutico Folixa, e co que a Cámara Oficial Mineira de Galicia colabora desde hai meses.
Estas mulleres compiten en Barco Dragón, unha modalidade de piragüismo con orixes en Asia e con beneficios para mulleres que se están recuperando dun cancro de mama.
“Remar xuntas ten moitos beneficios físicos, pero tamén psicolóxicos e de apoio emocional”, din. Ás mulleres sobreviventes de cancro de mama o Dragon Boat axúdalles a previr a rixidez no ombreiro, que conleva ás veces a extirpación do peito, e a non deixar crear o lincedema.
A COMG promove a extensión desta práctica terapéutica deportiva en tódolos lagos mineiros e concellos mineiros de Galicia.