CATASTRO MINEIRO

O Catastro Mineiro de Galicia é unha aplicación web desenvolvida pola Cámara Oficial Mineira de Galicia e a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia na que se describe a situación xeográfica e administrativa dos dereitos mineiros existentes, en base a tipo de dereito, titular, ubicación, extensión, demarcación, prazo de vixencia e estado de tramitación.

O Catastro Mineiro de Galicia é unha ferramenta de apoio á planificación mineira e ordenación do territorio, que tene por obxecto favorecer o aproveitamento ordenado e eficiente dos recursos minerais, así como facilitar a armonización e compatibilización da minería con outros usos do solo, garantindo o desenvolvemento sostible do sector.

Os datos reflectidos son meramente informativos e están suxeitos a revisión, puidéndose contrastar na correspondente Delegación Provincial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Actualidade do Catastro