Queda exposto ao público o censo electoral

Sharing is caring!

O censo electoral xa está exposto para a súa consulta en virtude do artigo 37 do Regulamento para o Réxime Interior da COMG, aprobado pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas o 05/04/2018. Este documento estará a disposición pública nas oficinas da COMG e a disposición dos electores nesta web ata o próximo 19 de febreiro de 2020.

As reclamacións sobre a inclusión ou exclusión dos socios electores en grupos e categorías poderán presentarse dende o 30 de xaneiro, ata o próximo 5 de marzo de 2020, ben nas oficinas da COMG ou ben, por correo electrónico á dirección cmg@camaramineira.org. a través do seguinte formulario.