AGENDA
O Círculo de Empresarios de Galicia, xunto a Inserta Empleo, organiza este encontro, no que Beatriz Gallego, directora rexional Galicia en Inserta Empleo e Juan Camba, responsable de atención a empresas en Inserta Empleo e coordinador da oficina de Vigo, explicarán que a inclusión non é só unha cuestión de responsabilidade social, senón unha vantaxe competitiva.