Convocadas as axudas para implantar a responsabilidade social, a igualdade e a conciliación

Sharing is caring!

A Consellería de Economía, Emprego e Industria abrirá mañá, martes 29 de xaneiro de 2019, o prazo de solicitudes da convocatoria de 2019 do programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo Programa Operativo FSE Galicia 2014 – 2020. Esta convocatoria está recollida na Orde do 20 de decembro de 2018 publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do luns 28 de xaneiro de 2019.

A RSE está cada vez máis presente no tecido empresarial galego e a través deste programa de axudas, a Consellería mostra o seu apoio a este concepto e, en concreto, á igualdade de xénero no ámbito laboral e á corresponsabilidade e a conciliación nos ámbitos laboral, familiar e persoal das persoas traballadoras no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.

Nesta convocatoria poderán ser subvencionables as accións que se realicen entre o 1 de xaneiro de 2019 e o final de prazo de xustificación das actividades, que terminará o 31 de outubro de 2019, salvo que, tal e como establece o artigo 35 da citada Orde, na resolución de concesión indíquese unha data posterior.

Máis información: RSE Xunta