
22 Mai A COMG organiza unha ruta guiada gratuíta entre o túnel do Confurco e o Balneario de Mondariz
O sábado 14 de xuño, a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) organiza unha ruta guiada gratuíta entre o túnel do Confurco e o Balneario de Mondariz, unindo catro puntos de interese (tótems) de patrimonio mineiro, nos concellos de Ponteareas e Mondariz-Balneario (Pontevedra). Esta actividade desenvólvese no marco da plataforma Minaría Sostible de Galicia, a través do seu programa MInaTUR, en colaboración coa Xunta de Galicia.
Os asistentes contarán cunha oportunidade única para coñecer un proxecto de tranvía impulsado por Enrique Peinador que, a comezos do século XX, pretendía conectar Vigo co Balneario de Mondariz. Ademais, o seu percorrido polo val do río Tea atravesa outras zonas de minaría histórica, localizadas no Castro da Croa e no Castro de Troña.

A actividade empezará ás 09:45 h. A duración aproximada da visita é de 4 horas e media. Os participantes percorrerán 22,3 quilómetros en autobús, dos cales 4,4 quilómetros consistirán nunha camiñada de baixa dificultade pola contorna do río Tea.
A inscrición é gratuíta e obrigatoria, xa que as prazas son limitadas, e se confirmará por correo electrónico acompañada dos detalles do punto de encontro. Podes apuntarte a través da seguinte ligazón. En caso de agotarse as prazas, as inscricións pasarán por orde á lista de reserva.
Para resolver calquera dúbida ou solicitar máis información, podes contactar coa Oficina Técnica da COMG a través do seguinte correo: oficina.tecnica@camaraminera.org.