Semana-geoparques-minera

Montañas do Courel celebra a Semana dos Xeoparques

A asociación Montañas do Courel participa por primeira vez na Semana dos Xeoparques Europeos, unha celebración anual na que os 140 xeoparques repartidos ao redor do mundo promoven actividades co obxectivo de sensibilizar sobre a conservación e a promoción do patrimonio xeolóxico.

Os tres concellos nos que se sitúa o geoparque, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil serán o escenario onde se desenvolverán numerosas accións para que tanto veciños como visitantes comprendan a importancia do recente recoñecemento da Unesco.

A Semana dos Xeoparques inaugurouse no Courel coa charla “Que se agocha tralo xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel?”, ofrecida o xoves 30 de maio por Martín Alamparte, xerente do grupo de desenvolvemento local Ribeira Sacra-Courel, e Ramón Vila, director do museo xeolóxico municipal de Quiroga.

Entre as actividades que levarán a cabo destacan varias charlas sobre a historia xeolóxica do Xeoparque e dous roteiros guiados: un centrado no patrimonio xeolóxico e a outra, de carácter etnográfico e literario. Así como visitas guiadas ao Museo Xeolóxico de Quiroga.

Con esta festividade tamén se pretende concienciar aos máis pequenos da importancia da súa contorna natural, co primeiro Encontro dos Xeopícaros das Montañas do Courel, que reunirá aos 240 alumnos dos 3 concellos e que incluirá unha visita guiada ao miradoiro xeolóxico de Campodola- Leixazós.

Descarga o programa completo