A presidenta da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), Cecilia Trancón, asistiu o pasado 4 de setembro en Santiago de Compostela á rolda de prensa na que Cobre San Rafael (CSR) presentou o seu Plan TERRAS, un programa de contribución social, económica e territorial vencellado ao proxecto mineiro de Touro e O Pino.

O plan incorpora os requisitos establecidos pola Xunta durante a fase de tramitación, cunha dotación mínima de 45 millóns de euros para as fases de construción e operación, no marco da Lei 2/2024 de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.

O Plan TERRAS —acrónimo de Transparencia, Ética e Responsabilidade Real Ambiental e Social— organizase en catro áreas:

  • Terras do Futuro: formación, empleo, emprendemento e innovación.
  • Terras de Vida: familias, infancia, maiores e dependencia.
  • Terras do Ulla: coñecemento e mellora do sistema hídrico Ulla-Ría.
  • Terras da Xente: iniciativas sociais, educativas, culturais e deportivas.

A compañía anunciou tamén o inicio dun proceso de participación cidadá independente para recoller propostas e definir as prioridades dos primeiros programas, cuxos resultados se farán públicos próximamente.