Cámara Impulsa

cen anos de minería unidos polo futura de Galicia

Cámara Impulsa xorde como unha figura destinada a potenciar o desenvolvemento e a competitividade do sector mineiro galego mediante o impulso de iniciativas que faciliten a captación de fondos para as empresas, a incorporación de novas tecnoloxías e o fomento do talento e das boas prácticas. Todo isto contribúe a unha modernización integral do sector e á súa plena integración nas cadeas de valor estratéxicas de Galicia e de Europa.

Esta iniciativa nace da evolución da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos cara a un modelo máis próximo, colaborativo e orientado ás necesidades reais das empresas, pasando a denominarse Cámara Impulsa. Este cambio de identidade reflicte un novo enfoque centrado especialmente nas pequenas e medianas empresas, co obxectivo de acompañalas na súa actividade diaria e facilitar o seu acceso á innovación, á dixitalización e ás oportunidades de financiamento europeo.

Así mesmo, Cámara Impulsa incorpora un enfoque estratéxico dirixido a reforzar a visibilidade do sector mineiro galego, promovendo unha imaxe moderna, responsable e innovadora a través da divulgación de avances tecnolóxicos e de boas prácticas. Deste xeito, actúa como un axente dinamizador que favorece a transferencia tecnolóxica, a sensibilización social e a adopción de novas solucións innovadoras, aliñándose cos obxectivos da Axenda de Impulso da Minaría Sustentable de Galicia 2030.

Logo Oficina de impulso de Proxectos Europeos

Cadro coa actualización dos fitos temporais, actuacións e indicadores de realización das actividades levadas a cabo pola Cámara Impulsa.

CALES SON AS FUNCIÓNS DA CÁMARA IMPULSA?

IMPULSAR LA PARTICIPACIÓN DE LOS DIFERENTES AGENTES DEL SECTOR MINERO EN PROYECTOS EUROPEOS

IMPULSAR A MOBILIZACIÓN DO SECTOR MINEIRO GALEGO E FACILITAR O ACCESO AO FINANCIAMENTO, APOIANDO A ADMINISTRACIÓN NA IDENTIFICACIÓN DE OPORTUNIDADES ALIÑADAS COA AXENDA DE IMPULSO DA MINARÍA SOSTIBLE DE GALICIA 2030

ASISTENCIA A LA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA PARA FOMENTAR LA CREACIÓN DE EMPLEO Y EL IMPULSO DE LA INNOVACIÓN.

OFRECER ASESORAMENTO TÉCNICO A EMPRESAS E ENTIDADES DO SECTOR PARA PREPARAR E PRESENTAR PROXECTOS, MELLORAR O SEU ACCESO A CONVOCATORIAS A NIVEL AUTONÓMICO, NACIONAL E EUROPEO E FAVORECER A SÚA PARTICIPACIÓN EN INICIATIVAS DE INTERESE ESTRATÉXICO

PRESTAR APOYO EN LA FORMULACIÓN DE PROPUESTAS, CAPTACIÓN Y ADMINISTRACIÓN DE LAS LÍNEAS DE FINANCIACIÓN

PRESTAR APOIO NO SEGUIMENTO, A XUSTIFICACIÓN E O CONTROL ADMINISTRATIVO E FINANCEIRO DOS PROXECTOS APROBADOS, ASEGURANDO O CUMPRIMENTO DE FITOS, PRAZOS E REQUISITOS DE EXECUCIÓN

CONSULTAR, ANALIZAR Y DAR RESPUESTA A LAS NECESIDADES DE LA INDUSTRIA MINERA EN MATERIA DE INNOVACIÓN TECNOLÓGICA

DESENVOLVER ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN E DINAMIZACIÓN SECTORIAL A TRAVÉS DE XORANDAS, OBRADOIROS, ENCONTROS E ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN PARA DAR VISIBILIDADE AO SECTOR MINEIRO, DIVULGAR AVANCES TECNOLÓXICOS E BOAS PRÁCTICAS, E FOMENTAR A COLABORACIÓN ENTRE AXENTES

DESARROLLO DE UNA BASE DE DATOS DE PROYECTOS TRACTORES EN GALICIA RECOGIDOS A TRAVÉS DE MANIFESTACIONES DE INTERÉS.

MANTER E ACTUALIZAR UNHA BASE DE DATOS DE INICIATIVAS E PROXECTOS DE INTERESE PARA GALICIA, CO FIN DE IDENTIFICAR OPORTUNIDADES, PROMOVER SINERXÍAS E FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS TRACTORES

CALES SON OS SERVIZOS QUE OFRECE A CÁMARA IMPULSA Á MINERÍA?

A Cámara Impulsa facilita información técnica sobre as principais liñas de financiamento europeas, identificando proxectos estratéxicos e dotando ás empresas do sector das ferramentas e recursos necesarios para facer uso dos fondos na mellora da sustentabilidade e competitividade da industria mineira galega mediante:

  • Participación en consultas acerca das necesidades e demandas do sector.

  • Servizo de consultoría continuado e asistencia na preparación e presentación de proxectos de interese.

  • Xornadas informativas, networking, creación de consorcios e organización de talleres para iniciativas específicas.

  • Newsletter informativa sobre as novidades en materia de financiamiento europeo. Suscríbete

ESTÁS INTERESADO NOS SERVIZOS DA CÁMARA IMPULSA? ESCRÍBENOS