Organización

A ORGANIZACIÓN DA COMG ESTÁ RECOLLIDA NO CAPÍTULO II DO SEU REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR.
OS ÓRGANOS DE GOBERNO DA CÁMARA MINEIRA SON A ASEMBLEA, A XUNTA DIRECTIVA E A PRESIDENTA.
ÓRGANOS DE GOBERNO:
Asemblea
É o órgano supremo de goberno e representación da COMG. Forman parte dela as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades mineiras, incluída a restauración do espazo afectado e o tratamento de residuos mineiros, dentro do ámbito territorial de Galicia.
Presidencia
É a persoa á que lle corresponden as seguintes funcións:
XUNTA
DIRECTIVA
É o órgano permanente de xestión, administración e proposta da COMG. Os seus membros (non menos de 10 e non máis de 40) son elixidos entre todo o electorado da COMG, clasificado en grupos e categorías, segundo determine a asemblea, de forma que teñan representación todos os intereses mineiros. Os cargos de presidenta, vicepresidenta 1ª, vicepresidente 2º, tesoureiro e contador son elixidos pola xunta directiva.
PRESIDENCIA
D.ª Cecilia Trancón Loureiro
Caolines de Vimianzo (CAVISA)
VICEPRESIDENTE
D. José Antonio Valencia
ERIMSA
TESOUREIRO- CONTADOR
D. Diego López González
Epifanio Campo, S.L.
SECRETARIO
D. Julio César Valle
PERSOAL – DIRECCIÓN
D.ª Arantxa Prado Santiago
PERSOAL – ADMÓN.
D.ª Eva Barrientos Murias
PERSOAL TÉCNICO
D.ª Irene Pérez Cáceres
D.ª Sara López Campoamor
A CÁMARA MINEIRA TAMÉN CONTA CON COMITÉS DE TRABALLO QUE SE ENCARGAN DE CUESTIÓNS ESPECÍFICAS:
COMITÉ DE COMUNICACIÓN
Ten a función de mellorar o coñecemento e a imaxe social do sector, así como establecer as directrices de comunicación, tanto externa como internamente.
COMITÉ DE NORMAS
Ten a encoménda de realizar un seguimento do proceso de tramitación de novas normas e do proceso de implantación daquelas que poidan ter incidencia no sector mineiro galego.
COMITÉ DE PATRIMONIO E HISTORIA
Ten a función de poñer en valor o patrimonio xeolóxico e mineiro de Galicia a través da divulgación e a promoción.
COMITÉ DE INNOVACIÓN E SUSTENTABILIDADE
Ten a función de investigar novas técnicas que fagan ás empresas extractivas de Galicia máis eficientes e respectuosas.

