O vindeiro xoves, 1 de outubro, ás 19.00 horas, terá lugar a presentación do libro Como se formou esta paisaxe? Xeoloxía de Galicia, do xeólogo e divulgador científico Eduardo González Clavijo. A obra propón unha aproximación divulgativa para entender como se formou a paisaxe galega e que procesos xeolóxicos explican algúns dos seus trazos máis característicos.

No acto, o autor estará acompañado pola xeóloga Irene Pérez Cáceres, técnica da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG). A presentación levarase a cabo en Oleiros, nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, actual sede da biblioteca e centro de documentación ambiental.

Prégase confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou no formulario.