AGENDA
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña)
Sede: San Francisco Hotel Monumento (Campillo de San Francisco 3)
Fecha: 22-09-2016 – 09:30 h
As actividades extractivas proporcionan a maioría das materias primas da industria, a construción e a xeración de enerxía eléctrica, sendo imprescindibles para o desenvolvemento da nosa sociedade. Hoxe en día o desenvolvemento da minería non só depende do coñecemento dos recursos xeolóxicos, nin dos avances tecnolóxicos nas técnicas de aproveitamento, senón tamén da súa compatibilidade e integración ambiental, territorial e social.
A finais do ano pasado publicáronse as normas UNE 22470:2015 e UNE 22480:2015 de Xestión Mineira Sustentable. Pioneiras a nivel mundial, permiten o establecemento de obxectivos de mellora contínua e o seguimento e control de indicadores de sustentabilidade, mediante un sistema de xestión certificable que axuda as empresas para mellorar as súas prácticas.
Ademais, permite trasladar á sociedade e aos axentes implicados os esforzos realizados e os obxectivos alcanzados na consecución dunha minería sustentable. Esta xornada pretende informar polo miúdo os requirimentos, implantación e desenvolvemento destas ferramentas, así como dos éxitos alcanzados na súa aplicación.
Programa:
09:30. Recepción de asistentes
09:45. Apertura
D. ÁNGEL BERNARDO TAHOCES. Director Xeral de Enerxía e Minas. XUNTA DE GALICIA
10:00 Introdución ao proceso de normalización no caso das Normas de Xestión Mineira Sustentable
D. DANIEL MASSÓ AGUADO. Coordinador de Conocimiento Dirección de Normalización. AENOR
10:20 As normas UNE de Xestión Mineira Sustentable. Unha referencia comparativa internacional
D. VICENTE GUTIÉRREZ PEINADOR. Presidente del Subcomité AEN/CTN 22/SC3 Gestión minera sostenible. AENOR; Vicepresidente. CONFEDEM
10:40 Fundamentos da revisión e aplicación práctica das Normas de Xestión Mineira Sustentable
D. AGUSTÍN CALLE DE MIGUEL. Responsable de Calidad y Medio Ambiente. SOIL RECOVERY, SL.
D. JOSÉ MARÍA SÁNCHEZ JIMÉNEZ. Consultor Senior Minería. GRUPO SOIL
11:00 Xestión mineira sustentable. Cobre As Cruces como exemplo de implementación
D. JUAN MARTÍN MORENO. Responsable de Mejora Continua y Sistemas de Gestión. FIRST QUANTUM MINERALS, LTD
11:20 Café
12:00 Gas Natural Fenosa- Minería sustentable: proxecto de rehabilitación de Lignitos de Meirama
D. ROBERTO GONZÁLEZ PHILIPPON. Responsable de Explotación de Activos Mineros de la Unidad de Operaciones de Recursos Naturales. GAS NATURAL FENOSA
12:20 Guía de relacións coa contorna social e outras actuacións relacionadas coa xestión mineira sustentable
D. CÉSAR LUACES FRADES. Secretario General. COMINROC
12:40 Oportunidades perdidas
D. JUAN JOSÉ CEREZUELA BONET. Presidente. CONFEDEM
13:00 Coloquio
D. JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ DÍAZ. Decano. COLEGIO OFICIAL DE INGENIEROS DE MINAS DEL NOROESTE
D. ATANASIO JOSÉ PEÑA ÁLVAREZ. Decano. COLEGIO OFICIAL DE INGENIEROS TÉCNICOS DE MINAS DE GALICIA
D. PABLO NÚÑEZ FERNÁNDEZ. Delegado en Galicia. ILUSTRE COLEGIO OFICIAL DE GEÓLOGOS
Dª NATALIA CAPARRINI MARÍN. Directora. E.T.S. DE ENXEÑEIROS DE MINAS DE VIGO
14:00 Clausura
D. JUAN DE DIOS MARTÍN APARICIO. Presidente. CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA
D. FRANCISCO CONDE LÓPEZ. Conselleiro de Economía, Emprego e Industria. XUNTA DE GALICIA
14:30 Peche