AGENDA
A Axencia Galega de Innovación e a Fundación DIDAC organizan a primeira cita deste ano co ciclo ‘Conversas en rede’, unha serie de diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sustantabilidade. Nesta ocasión, os profesionais invitados son os deseñadores María Ramos e Pablo Iglesias.
Esta conversa, retransmitida en streaming, busca abrir unha nova ventá ás tendencias máis efervescentes a nivel global en diversas especialidades do deseño, da man de deseñadores e deseñadoras galegos con gran proxección internacional.
O evento terá lugar o 28 de maio entre as 11:00 h. e as 14:00 h.