07 Xuñ Minaría Sostible de Galicia organiza a xornada ‘Turismo e patrimonio xeolóxico e mineiro’
A plataforma presenta aos concellos galegos unha alternativa turística baseada nas súas instalacións mineiras e características xeolóxicas. A xornada que se celebrará o 26 de xuño en Santiago de Compostela, ten como obxectivo achegar aos técnicos de turismo de Galicia as enormes posibilidades do turismo industrial e mineiro.
Galicia é unha comunidade cunha traxectoria histórica moi importante en relación coa actividade mineira, que se remonta a tempos prehistóricos, que desempeñou un papel destacado nos tempos romanos ata o século XXI pasando pola idade moderna.
O Instituto Geológico y Minero de España (IGME) e a Cámara Mineira Oficial de Galicia, a través da plataforma Minaría Sostible de Galicia promoven a posta en valor do patrimonio e da historia da minaría e a xeoloxía. Para iso impulsaron estudos e publicacións con alto potencial de ser aproveitadas como base para un uso turístico nos concellos con pasado mineiro, coa base das súas instalacións e as características do seu solo.
A xornada que se celebrará o 26 de xuño en Santiago de Compostela na Sede Afundación, ten como obxectivo achegar aos técnicos de turismo, Grupos de Acción Local (GAL) e Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) de concellos con pasado mineiro de Galicia as enormes posibilidades do turismo industrial e mineiro.
O evento contará coa colaboración de Turismo de Galicia (Consellería de Cultura) e a Dirección Xeral de Minas e Enerxía (Consellería de Economía, Emprego e Industria).
Máis información e inscricións:
https://minariasostible.gal/turismo-e-patrimonio-mineiro