Cursos de formación preventiva por posto de traballo

A Cámara Oficial Mineira de Galicia, co apoio do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, está a organizar cursos de formación preventiva por posto de traballo para traballadores do sector mineiro.

Estes cursos axústanse ao disposto na ITC 02.1.02 «Formación preventiva para o desempeño do posto de traballo», do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, e ás seguintes Especificacións Técnicas:

  • 2000-1-08. Formación preventiva para o desempeño do posto de operador de maquinaria de transporte, camión e volquete, en actividades extractivas de exterior. Traballadores que deben posuíla: operadores de maquinaria de transporte en actividades extractivas de exterior, en particular os operadores de volquete e condutores de camión. Frecuencia máxima de reciclaxe de coñecementos: 2 anos.
  • 2001-1-08. Formación preventiva para o desempeño do posto de operador de maquinaria de arranque/carga/viarios, pa cargadora e escavadora hidráulica de cadeas, en actividades extractivas de exterior. Traballadores que deben posuíla: operadores de maquinaria de arranque/carga/viarios en actividades extractivas de exterior, en particular os operadores de pa cargadora e de escavadora hidráulica de cadeas. Frecuencia máxima de reciclaxe de coñecementos: 2 anos.
  • 2003-1-10.Formación preventiva para o desempeño dos postos de traballo encadrados nos grupos  5.1 letras a), b) , c) e 5.2 letras a), b), d), f) e h) da Instrución Técnica Complementaria 02.1.02 (traballadores de arranque, investigación e mantemento en exterior). Deben posuíla os traballadores dos seguintes postos de exterior: 5.1.a) Técnicos titulados, 5.1. b) Operadores de geofísica, 5.1. c) Operadores de geoquímica, 5.2.a) Técnicos titulados, 5.2. b) Encargados e/ou vixiantes, 5.2.d) Perforación/Corte/Voadura (quedando excluído o posto de traballo de artilleiro), 5.2. f) Operadores de sondaxes de auga e/ou investigación, 5.2. h) Operadores de mantemento mecánico e/ou eléctrico. Frecuencia máxima de reciclaxe de coñecementos: 4 anos para os postos 5.2 letras a) Técnicos titulados, b) Encargados e/ou vixiantes e f) Operadores de sondaxes de auga e/ou investigación e 5.1 letras a) Técnicos titulados, b) Operadores de geofísica e c) Operadores de geoquímica. 2 anos para os postos 5.2 letras d) Perforación/Corte/Voadura e h) Operadores de mantemento mecánico e/ou eléctrico.
  • 2004-1-10.Formación preventiva para o desempeño dos postos de traballo encadrados nos grupos 5.4 letras a), b), c), d), e), f), g), h), j), k), l), m), e 5.5 letras a), b) e d) do apartado 5 da Instrución Técnica Complementaria 02.1.02 (traballadores de plantas e oficinas). Deben posuíla os traballadores dos seguintes postos de plantas e oficinas: 5.4.a) Técnicos titulados, 5.4. b) Encargados e/ou vixiantes, 5.4. c) Operadores de trituración/clasificación, 5.4.d) Operadores de moenda, 5.4.e) Operadores de estrío, 5.4. f) Operadores de separación e concentración, 5.4. g) Operadores de fornos, 5.4. h) Operadores de mesturas, 5.4. j) Operadores de plantas de materiais para a construción, 5.4. k) Operadores de plantas de rocas ornamentais, 5.4. l) Operadores de laboratorio, 5.4. m) Operadores de mantemento mecánico e/ou eléctrico, 5.5.a) Dirección, 5.5. b) Técnicos titulados que non participan no proceso produtivo, 5.5.d) Administración e persoal de servizos distintos aos de mantemento. Frecuencia máxima de reciclaxe de coñecementos: 4 anos para os postos 5.4 a) Técnicos titulados, b) Encargados e/ou vixiantes, g) Operadores de fornos, l) Operadores de laboratorio, e 5.5 a) Dirección, b) Técnicos titulados que non participan no proceso produtivo e d) Administración e persoal de servizos distintos aos de mantemento. 2 anos para os postos do grupo 5.4 letras c) Operadores de trituración/clasificación, d) Operadores de moenda, e) Operadores de estrío, f) Operadores de separación e concentración, h) Operadores de mesturas, j) Operadores de plantas de materiais para a construción, k) Operadores de plantas de rocas ornamentais, e m) Operadores de mantemento mecánico e/ou eléctrico.

O obxectivo desta iniciativa é proporcionar aos traballadores do sector mineiro galego un completo coñecemento dos riscos xerais da actividade que desenvolven e as responsabilidades nas que puidesen incorrer no desempeño dos labores propios de cada posto de traballo, así como unha adecuada capacitación técnica orientada á prevención de riscos.

Esta formación ten carácter habilitante para o desempeño do posto de traballo, polo que a súa realización é obrigatoria e debe renovarse cada 2 ou 4 anos en función de cada posto.

Os cursos desenvolveranse entre febreiro e abril de 2013, coas seguintes características:

 

Tipo de cursos:
Formación en seguridad y salud laboral, obligatorios para el desempeño del puesto de trabajo.
Modalidad:
Presencial, interactivo.
Precio/Facilidades:
GRATUITO  (financiado por el Ministerio de Industria, Energía y Turismo).
Duración:
Iniciales: 20 h/curso. Actualización de conocimientos: 5 h/curso.
Organización:
Iniciales: 4 días/curso, a razón de 5 h/día, viernes y sábados de dos semanas consecutivas.
Actualización de conocimientos: medio día/curso.
Horario:
Iniciales: viernes 16 a 21 h y sábados 9 a 14 h.
Actualización de conocimientos: viernes 16 a 21 h.
Centros y fechas:
A determinar en función de la demanda
Alumnos por curso:
Mínimo 15 y máximo 25.
Entidad formadora:
ESM Instituto de Investigación en Seguridad y Factores Humanos, autorizada por el Ministerio de Trabajo y Asuntos sociales para desarrollar y certificar actividades formativas en materia de prevención de riesgos.
Material para los trabajadores:
Manual, bloc de hojas y bolígrafo.
Control y evaluación:
Control diario de asistencia (se exige una asistencia continuada del 80%).
Resolución de casos prácticos.
Evaluación final de conocimientos (individual).
Título
Certificado de participación en el curso, acreditación que capacita para el desempeño de las funciones del puesto.
Dirigido a:
Trabajadores de explotaciones mineras gallegas.

 

Para facilitar o acceso dos traballadores á formación e compatibilizala coa súa actividade laboral, a localización dos centros de impartición definirase en función da demanda. Para iso, ábrese un período de preinscrición do 8 ao 25 de xaneiro, no que as empresas interesadas deberán remitir o formulario de preinscrición cumprimentado, indicando a localización dos centros de traballo e o número traballadores de cada centro que asistiría a cada tipo de curso.

Posteriormente, a Cámara Mineira contactará coas empresas interesadas para confirmar a data e localización dos cursos de formación.

Ficha preinscrición  ficha_preinscripcion_conpuestos