A OIPE xorde da colaboración entre a COMG e a Consellería de Economía, Industria e Innovación co obxectivo de prestar servizos, apoio e asesoramento tanto á Administración Pública como ás empresas do sector mineiro na captación de diferentes liñas de financiamento europeas no plano da I+D+i, todo iso baixo o marco da Axenda de Impulso á Minería Sostible de Galicia.
Deste xeito, o seu labor é a de mobilizar aos diferentes axentes económicos, sociais e institucionais do sector, incentivando o desenvolvemento de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación para a modernización e mellora dos procesos e servizos.
Consultar, analizar e dar resposta ás necesidades da industria mineira en materia de innovación tecnolóxica aliñadas coa Axenda.
Realizar un labor de vixilancia das diferentes liñas europeas de financiamento no plano da I+D+i.
Impulsar a participación dos diferentes axentes do sector mineiro en proxectos europeos.
Prestar apoio na formulación de propostas, captación e administración das liñas de financiamento, ademais de brindar soporte nos requirimentos das fases de avaliación.
Desenvolvemento dunha base de datos de posibles proxectos tractores para implantar en Galicia recollidos a través de manifestacións de interese.
Asistencia á Administración autonómica para fomentar a creación de emprego e o impulso da innovación.
A OIPE facilita información técnica sobre as principais liñas de financiamento europeas, identificando proxectos estratéxicos e dotando ás empresas do sector das ferramentas e recursos necesarios para facer uso dos fondos na mellora da sustentabilidade e competitividade da industria mineira galega mediante: