DESPOIS DA MINA

O proceso mineiro non finaliza ata que se leva a cabo a restauración dos terreos onde se levou a cabo a actividade extractiva: o que antes era un xacemento agora pode ser un centro educativo ou un parque natural. O obxectivo desta última fase é devolverlles a estes terreos o uso previo á súa explotación -rehabilitación mineira- ou ben adaptalos para un uso sustentable e beneficioso para o seu contorno natural e social -reutilización mineira-.

España foi o primeiro país do mundo en esixir que as superficies afectadas sexan obxecto de avaliación de impacto ambiental e en garantir economicamente a restauración dos devanditos espazos. Desta maneira, o Real decreto 2994/1982 sobre restauración de espazo natural afectado por actividades mineiras, posteriormente desenvolvido no Real decreto 2994/1982 de restauración do espazo natural afectado por actividades mineiras, establecen a obrigatoriedade da empresa explotadora de contar cun proxecto de restauración e cun aval económico que garanta a súa execución.

Después de la mina

O compromiso da minería coa restauración

Aínda que a restauración mineira sexa o paso final na operación dunha mina, é un proceso que comeza xa na fase inicial, cando se realiza un estudo xeoecolóxico (clima, solo, vexetación, paisaxe) e cultural (demografía, economía e historia). Esta análise ten por obxecto facer máis eficiente o proceso de restauración e encontrar o uso axeitado da mina tras o seu peche.

Na actualidade, adquiriu protagonismo a minería de transferencia na cal, a medida que se realiza a explotación, se van pechando os ocos mineiros, se aproveitan os pasivos ambientais e se eliminan os residuos.

Tras o peche da mina hai unha serie de medidas básicas que prepararán a zona para o seu futuro uso: desmantelamento de infraestruturas, xestión de residuos, remodelación topográfica, preparación de solos e revexetación. A continuación chega o momento de darlle a este terreo unha segunda vida.

A reutilización de espazos mineiros en Galicia

A reutilización dos emprazamentos desmantelados ten un dobre beneficio, por unha parte, para o medio e, por outra, para as economías locais, pois fomenta a integración de novas actividades económicas en áreas habitualmente afectadas polo desemprego e polo despoboamento rural. As empresas mineiras e a Administración, na súa crecente tendencia cara á sustentabilidade e o desenvolvemento, apostan por usos creativos que se integran co contorno e a comunidade:

  • Museos e centros educativos
  • Centros científicos
  • Xardíns e parques
  • Reservas naturais
  • Piscifactorías
  • Lagos de auga doce
  • Lagoas de recreo
  • Campos de golf
  • Áreas de uso gandeiro
  • Áreas de uso agrícola

Galicia caracterízase pola calidade das súas rehabilitacións e reutilizacións mineiras, con algúns exemplos que, a día de hoxe, son referentes a nivel mundial e que forman parte da riqueza da paisaxe galega.