FORMACIÓN

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) ten un firme compromiso por mellorar a cualificación dos profesionais do sector, tanto mediante formación reglada como mediante accións formativas puntuais.

A minaría é un sector dinámico, que depende de forma directa das novas necesidades da sociedade. O desenvolvemento de novas tecnoloxías, as novas esixencias en materia de seguridade e as modificacións constantes nas normativas ambientais demandan unha actualización constante de coñecementos por parte de todos os traballadores implicados no proceso mineiro.

A COMG tamén desenvolve e apoia accións formativas como cursos e seminarios dirixidos aos traballadores do sector mineiro centrados en temáticas como a seguridade, a prevención de riscos laborais ou o medio ambiente. Estos recursos formativos teñen como obxecto potenciar a competitividade das empresas mineiras galegas, avogando sempre pola seguridade, a calidade e a sostenibilidade.

Ademais, a COMG mantén unha estreita relación coa Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

Formación

Cursos formativos

  • A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) está organizando cursos de formación preventiva para traballadores do sector mineiro, tanto aqueles regulados pola ITC 02.1.02 do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, como outros sobre riscos de seguridade, hixiénicos e ergonómicos que tamén son......

  • A Cámara Oficial Mineira de Galicia, co apoio do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, está a organizar cursos de formación preventiva por posto de traballo para traballadores do sector mineiro. Estes cursos axústanse ao disposto na ITC 02.1.02 «Formación preventiva para o desempeño do......

  • FIA-UXT, dentro do seu plan de formación en seguridade mineira 2011, financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, organiza os seguintes cursos gratuítos: Formación preventiva para o desempeño do posto de Operador de Maquinaria de Arranque/Carga/Viarios en actividades de exterior. ITC 02.1.02, Espec. Técnica......

  • Lugar: Galicia Sedes:cinco localidades por determinar, en función da demanda Data: febrerio-marzo de 2011 Horario (provisional): 20 h por curso repartidas en 4 días de dúas semanas consecutivas, a razón de 5 h/día: venres tarde e sábados mañá. Organiza: Cámara Mineira Colabora: Ministerio de Industria,......