mina-penouta-europa

A mina de Penouta, un exemplo de recuperación de materias primas

A transición a unha economía máis competitiva é esencial para desenvolver unha economía sostible, baixa en carbono, eficiente no uso dos recursos e competitiva na Unión Europea (UE).

Neste contexto, as materias primas críticas (CRM) defínense como aquelas que son de particular importancia para a economía e, ao mesmo tempo, representan un alto risco de interrupcións na subministración. Para a UE, mellorar o uso de CRM é unha estratexia crave para mellorar a seguridade de subministración e non é sorprendente que sexa un obxectivo de varios documentos de políticas comunitarias.

Recentemente a UE publicou o informe “Recovery of critical and other raw materials from mining waste and landfills” (Recuperación de materias primas críticas e outras a partir de residuos mineiros) no que o proxecto da mina de Penouta, en Viana do Bolo (Ourense), propiedade de Strategic Minerals Spain, ten un capítulo propio.

Ademais da recuperación das materias primas dos vertedoiros da antiga explotación, o documento da UE destaca que “a extracción de materias primas críticas tamén pode axudar a restaurar o medio ambiente” e lograr “beneficios reais para as comunidades locais”.

O documento explica que en Penouta “as operacións cesaron en 1985 e a área quedou abandonada. Estableceuse un novo proxecto para recuperar cantidades significativas de materias primas da antiga mina, como o tantalio”.

Isto está a ter un impacto positivo na economía e o medio ambiente da zona:

• O proxecto está a xerar emprego directo e indirecto nunha área rural, despois de décadas de declive económico e despoboamento. Actualmente, creáronse máis de 70 empregos directos, o 80% dos cales son ocupados por residentes locais.
• Espérase que o proxecto da mina Penouta mellore a capacitación dos traballadores na comarca.
• O obxectivo do proxecto é reducir o impacto ambiental da mina, e os promotores do proxecto esperan alcanzar un grao de calidade que permita que a área sexa designada como espazo protexido Natura 2000, xa que a mina está próxima ao parque natural de Pena Trevinca.

Información sobre o documento en
http://publications.jrc.ec.europa.eu/repository/bitstream/JRC116131/20190506-d3-jrc-science-for-policy-recovery_of_rm_from_mining_waste_and_landfills_6_05_19_online.pdf