Cabo Ortegal

A Deputación defende o proxecto do xeoparque de Cabo Ortegal

A candidatura de Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial da Unesco foi presentada onte na Feria Internacional de Turismo (Fitur) pola Deputación de A Coruña. Este recoñecemento, en palabras do vicepresidente Xosé Regueira, “non so é fundamental para o desenvolvemento da estratexia turística na que estamos a traballar cos concellos, a Xunta e a sociedade, senón tamén para presentar o que xa é unha realidade”. Concluíu añadindo que “é un produto de calidade, seguro e sostible“.

Pola súa parte Alberto González, presidente da Asociación para a Xestión de Xeoparques e alcaldes de Valdoviño, destacou os valores paisaxístixos e xeolóxicos do territorio: “contamos con praias de area negra de orixe non volcánica únicas no mundo”.

Fitur é unha gran oportunidade para asegurar a declaración de Cabo Ortegal como xeoparque por parte da Unesco.

A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, resaltou que esa declaración por parte da Unesco suporía “non só garantir a conservación deste espazo, que ten un patrimonio xeolóxico único, senón tamén contar cunha panca dinamizadora do conxunto do territorio”.

Patrimonio mineiro de Cabo Ortegal

Dende o século XIX ata mediados do XX aproveitáronse os recursos mineiros, en concreto nos montes de Moeche e Cerdido. Hoxe en día atopamos representacións destas explotacións mineiras ao longo dos dous municipios, en forma de bocaminas, trincheira e restos de distintas instalacións.

Aínda que a Mina Maruxa -A Barqueira, Cerdido- non se pode acceder cunhas medidas mínimas de seguridades, Mina Piquito -Santa Cruz, Moeche- si se pode visitar en calquera momento. A esta última se pode acceder con visitas guiadas que o Concello de Moeche organiza durante o verán en grupos de 10 persoas.

O recoñecemento, por parte da Unesco, de Cabo Ortegal como Xeoparque insuflaría forza ao turismo nesta zona e daríalle valor ao gran patrimonio mineiro da zona.