Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 15.Noviembre.2018


Unha mina galega, exemplo de contribución á economía circular

enviar a un amigo

O pasado 5 de outubro de 2018 presentouse en Bruxelas o informe Contribución do Sector dos Minerais Industriais á Economía Circular, da Asociación Europea de Minerais Industriais (IMA Europe), que recolle exemplos de empresas deste sector que contribúen á economía circular ao longo das diferentes etapas do ciclo de vida dos minerais: extracción, fabricación, transporte, uso e final de vida.

O capítulo Optimización de Recursos Minerais en Canteira está dirixido a desmontar mitos tales como que a industria mineira aproveita só unha parte das materias primas minerais e descarta o resto, esgotando os recursos, e que non hai solucións para diminuír a xeración de residuos.

Para demostrar que é posible, pon exemplos de empresas que transforman e valorizan a maior parte dos materiais extraídos, enfocando as súas operacións a cubrir as necesidades do mercado, e de técnicas innovadoras que conseguen reducir a produción de estériles e o consumo de auga.

Entre eles, atópanse dous dos proxectos que desenvolve Caolines de Vimianzo SAU (CAVISA), membro da COMG. Esta empresa, fundada en 1981, extrae caolín, mica e areas, exportando parte da produción a países da UE, norte de África, Oriente Medio e Asia.

O seu Director Xeral, Juan José López, manifesta estar orgulloso de formar parte desta publicación e contento de que se recoñeza o esforzo por mellorar e innovar que levan realizando durante anos.

Entulleira de hoxe, mina de mañá: aproveitamento de antigos estériles

Nos anos 80, o caolín utilizábase exclusivamente para a industria papeleira, que estaba en pleno auxe. Coa crise dos 90, debido aos cambios no mercado do papel, Cavisa valorizou os antigos fluxos de refugallos cara a novos mercados.

Así, o caolín que non era bo para o papel debido á abrasión recuperouse para outros usos como esmalte cerámico ou pinturas. Os relaves existentes, formados por caolín, mica e area de sílice, presentaban granulometrías e proporcións axeitadas para novas formulacións en novos sectores industriais estratéxicos.

Dado que a taxa de consumo era menor que a taxa de produción, a compañía mineira utilizou os subprodutos para restaurar antigas minas e valorizalas no futuro.

Xestión da auga e novos usos para zonas xa explotadas

Galicia encádrase na rexión atlántica, sen demasiados problemas na subministración de auga debida á elevada pluviosidade. Con todo, o cambio climático está a ocasionar distorsións na dinámica habitual, e a Costa da Morte, onde se sitúa a explotación de Cavisa, sofre restricións de auga durante os veráns moi calorosos.

As antigas minas de caolín, que se converteron en lagoas durante a súa restauración, almacenan máis de 5 millóns de metros cúbicos de auga. Por iso, hai tres anos, o Concello de Vimianzo e Cavisa asinaron un pacto que permite ao concello usar a auga deses lagos para o abastecemento da comunidade local. Esta decisión tomouse tras analizar as augas e comprobar que cumpren cos estándares de salubridade e calidade axeitados. Hoxe en día, a Administración local dispón de estacións de bombeo e tratamento de auga en varios dos lagos.

Estas antigas canteiras de caolín tamén contribúen a combater os incendios forestais que azoutan Galicia cada verán, fornecendo reservas de auga doce aos equipos de bombeiros e helicópteros.

Outra parte da antiga mina, terras propiedade da empresa, utilízanse para plantar variedades nativas menos produtivas, pero con maior valor engadido, como o trigo do país; ou para criar vacas de raza rubia galega, unha carne de alto prezo, demostrando que é posible a coexistencia de minaría e agricultura.

15/10/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Cerámica La Manchica
Cerámica La Manchica
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web