Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 15.Agosto.2018


Un referente na minaría metálica

enviar a un amigo

O Barbanza constitúe unha importante área mineira en Galicia, asociada á minaría metálica. A memoria de moitos veciños e numerosos vestixios dan mostra dunha intensa actividade extractiva desenvolvida na primeira metade do século XX, ligada principalmente ao estaño e ao volframio.

A mina de San Finx, en Lousame, é o seu o máximo expoñente, pola súa dimensión (foi a primeira explotación de volframio de España e chegou a ter uns mil traballadores), polo carácter punteiro das súas instalacións (alí funcionou a primeira separadora electromagnética de mineral de España, que o Consello da Cultura Galega mesmo incluíu na súa selección “Galicia. 100 obxectos para contar unha cultura”), e pola súa prolongada actividade, desde 1884 ata os nosos días.

En plena posguerra, nuns anos realmente difíciles para a poboación, os habitantes do Barbanza atoparon sustento na minaría. E fíxose de maneira compatible co aproveitamento doutros recursos abundantes na zona, como os pesqueiros, marisqueiros, agropecuarios ou forestais. A alta demanda de minerais metálicos fixo xurdir unha morea de pequenas explotacións familiares na comarca, mesmo en lugares tan emblemáticos como Corrubedo.

Esta explotación masiva, con técnicas obsoletas e sen lexislación nin sensibilidade ambiental, non impediu que O Barbanza siga hoxe sendo rico en recursos naturais e mesmo teña un dos seis parques naturais de Galicia no seu territorio. Convértese así en proba irrefutable da compatibilidade entre a actividade mineira e a protección do medio.

A caída no prezo dos minerais metálicos fixo desaparecer as pequenas explotacións e só a Mina de San Finx sobreviviu. O centro de interpretación creado nas súas antigas instalacións achéganos á realidade mineira do pasado século e á relevancia socioeconómica da actividade na zona. Daquela época quédannos a memoria e os vestixios, pero tamén ser conscientes da oportunidade que representa a riqueza do noso subsolo e a súa posta en valor de xeito sostible.

D. Juan de Dios Martín Aparicio
Presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia
 

31/05/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Levantina y Asociados de Minerales
Levantina y Asociados de Minerales
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.05
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web