Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


Publicado o plan de axudas da Consellería de Economía e Industria para 2019

enviar a un amigo

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de anunciar os programas de axudas e servizos en materia de promoción económica, innovación, enerxía, comercio e artesanía que teñen previsto convocar neste 2019.

Dado o elevado número de liñas de subvención que oferta a Consellería, incluíndo tamén as do IGAPE e GAIN, teñen elaborado unhas guías resumo -Mapas de Apoios- por ámbito de actuación onde se recolle quen poden ser os beneficiarios e os prazos de convocatoria:

Mapa de Apoios de Enerxía

A convocatoria de todas as iniciativas desde ámbito está prevista para o primeiro trimestre do ano.

O sector mineiro conta cun programa propio, o de Fomento da Minaría, que está formado unicamente polas axudas a entidades sen ánimo de lucro para mellorar as prácticas do sector mineiro no ámbito ambiental el laboral. Neste 2019 estará dotado, ao igual que o ano anterior, cun millón de euros de orzamento.

Tamén no programa Seguridade Ambiental e Saúde Laboral está prevista unha liña de axudas para a loita contra o po do sector mineiro, dirixidas a empresas privadas.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria conta este ano con catro liñas de axudas cun importe de 16,1 millóns de euros para favorecer a eficiencia enerxética a en todos os ámbitos da sociedade: no eido industrial, nas administracións públicas e nos fogares. Trátanse de apoios para impulsar o desenvolvemento de proxectos vinculados á biomasa, aerotermia, xeotermia e á enerxía fotovoltaica para facilitar o seu investimento. Tamén contemplan a realización de auditorías enerxéticas e a implantación de sistemas de xestión para autónomos e empresas.

Outras das actuacións previstas son axudas a entidades locais para a mellora de infraestruturas nos parques empresariais, e para creación de viveiros industriais; e o bono eléctrico para consumidores vulnerables en risco de exclusión social. 

06/03/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Capimor, S.A.
Capimor, S.A.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.04
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web