Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Sábado - 17.Noviembre.2018


Publicado o diagnóstico tecnolóxico sobre a Pedra Natural en Galicia

enviar a un amigo

O estudo "Oportunidades Industria 4.0", promovido polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga), está xa dispoñible a través das webs destes dous organismos (IGAPE e ATIGA).

A publicación afonda no nivel tecnolóxico actual dos sectores produtivos galegos considerados estratéxicos, entre os que inclúe a Pedra Natural. Trátase así de identificar as oportunidades de mellora e adecuar as políticas públicas ás necesidades das empresas.

Granito e lousa

O estudo centrouse no granito e na lousa como eixe central da rocha ornamental galega, considerando unicamente o procesado e transformado. Segundo as súas conclusións, a implantación da industria 4.0 aínda non se levou a cabo de maneira xeneralizada no sector da Pedra Natural, aínda que o 64% das empresas consultadas recoñece a importancia desta nova revolución industrial.

As tecnoloxías emerxentes que suscitan maior interese para a súa implantación son Safe and Security, Sistemas Ciberfísicos e IoT, Automatización e Robótica Avanzada e Colaborativa e Big Data, Cloud computing e Data Analytics.

Motivacións e barreiras

O incremento da eficiencia nos sistemas produtivos e de xestión son as principais motivacións da Pedra Natural para o despregamento da Industria 4.0. As empresas recoñecen tamén a súa utilidade para reducir ou eliminar as dificultades detectadas no estudo.

Así, sinálanse os defectos da materia prima propios da súa calidade natural que provocan problemas na transformación e diminucións na calidade, o proceso de selección manual de calidades na lousa ou a planificación e o control da produción. A falta de profesionais cualificados e as duras condicións para competir nun mercado global son outros dos problemas reflectidos.

A publicación identifica tamén as principais barreiras para o despregamento tecnolóxico da Pedra Natural, que son o financiamento, o escaso contacto con provedores tecnolóxicos e que as súas infraestruturas TIC non están preparadas para a Industria 4.0. Como principais alternativas, as empresas demandan axudas para investimentos en infraestruturas e solucións TIC, formación cualificada e servizos de consultaría tecnolóxica.

Finalmente, o estudo conclúe que se deberían solucionar "os problemas de base mencionados, aproveitando aquelas novas tecnoloxías que lles reportarían maiores beneficios".

25 entidades entrevistadas

Para a realización do estudo, entrevistouse a 25 entidades representativas da Pedra Natural mediante cuestionarios que abordaban unha análise xeral da empresa, o coñecemento xeral da entidade sobre o concepto 4.0, a situación actual da empresa con respecto á Industria 4.0 e a estratexia de implantación destas tecnoloxías.

Xunto con este subsector da minería, a publicación recolle tamén o diagnóstico tecnolóxico da agroalimentación, a madeira, a automoción, o téxtil, a aeronáutica, o metalmecánico, o naval, as enerxías renovables e o TIC. En total participaron máis de 350 empresas na elaboración do estudo, para o que tamén foron consultados expertos sectoriais, clústeres e distintas asociacións empresariais.

30/05/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba
CONTENIDOS RELACIONADOS
ir arriba


Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
José No Mantiñán e Hijos Construcciones, S.A.
José No Mantiñán e Hijos Construcciones, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web