Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Sábado - 26.Mayo.2018


Presentado o catálogo “Balnearia Bibliográfica”, un compendio sobre a historia e os usos da auga en

enviar a un amigo
  • A publicación, que foi presentada polo conselleiro Román Rodríguez, compila os materiais expostos na exposición que baixo o mesmo nome tivo lugar o ano pasado na Cidade da Cultura


A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o 25/01/2018 a presentación do catálogo da exposición “Balnearia Bibliográfica”, un compendio sobre a historia e os usos da auga en Galicia que recolle, entre outros, os materiais expostos na mostra que baixo dito nome tivo lugar o ano pasado na Cidade da Cultura de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, subliñou que dito catálogo foi ideado “como unha enciclopedia da auga” coa finalidade de divulgar un dos temas clave da historia económica e cultural de Galicia, ao tempo que lle rende unha homenaxe aos estudosos e aos emprendedores neste ámbito. O conselleiro fixo un percorrido pola historia da auga en Galicia diversas perspectivas e destacou, especialmente, o papel dos balnearios e vilas termais como centro da vida social nos séculos pasados, hoxe reconvertidos en lugares de ocio, e como escenarios de obras literarias e cinematográficas.

Román Rodríguez salientou que na actualidade este sector continúa a ser un motor económico en expansión vinculado á industria da comercialización, embotellado e exportación de auga para o consumo; e ligado á cultura do ocio da man do sector dos balnearios.

A publicación inclúe unha compilación os materiais que se puideron ver na exposición “Balnearia Bibliográfica” conformada por 150 pezas relacionas co mundo da auga, unha breve historia das augas minerais en Galicia, un dicionario de autores dedicados ao estudo da hidroloxía desde finais do século XIX ata a actualidade, e unha extensa bibliografía da auga mineromedicinal de Galicia desde o século XVIII.

Ademais do conselleiro, no acto tamén participaron o director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Andrés Paz-Ares Rodríguez; o director da cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, Juan Jesús Gestal; o xerente do clúster da auga mineral e termal de Galicia, Benigno Amor; o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Educación, Jesús Oitavén; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; entre outros.  

26/01/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Endesa Generación SA
Endesa Generación SA
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web