Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 15.Noviembre.2018


O V Congreso Nacional de Áridos, este mes en Compostela

enviar a un amigo

Santiago acollerá entre os días 24 e 26 de outubro de 2018 o V Congreso Nacional de Áridos, organizado pola Federación de Áridos (FDA) co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago de Compostela.

O encontro, que se celebra cada tres anos, pretende ser un foro para o diálogo e a análise dos problemas do sector, coa participación da Administración, para impulsar a súa mellora.

A lema desta V edición do Congreso, “Comprometidos coa Sociedade”, define claramente a aposta deste sector extractivo por potenciar todos os aspectos económicos, sociais e ambientais que crean valor engadido para os cidadáns.

Segundo indica a organización do congreso, os obxectivos principais do evento son demostrar á sociedade a importancia estratéxica da actividade de produción de áridos, potenciar a sustentabilidade do sector, mostrar os últimos avances e innovacións en torno ao sector e explicar á sociedade á necesidade dos áridos e a importancia de adoptar medidas para garantir o acceso sustentable aos recursos.

Para inscricións e máis información, http://congresoaridos.com

Programa de sesións técnicas

O congreso estrutúrase en sete áreas temáticas que contarán con relatorios, mesas redondas, debates, reunións de traballo, seminarios e foros.

Abordaranse todos os aspectos estratéxicos da industria, desde as cuestións técnicas, de calidade de produción e de produto, de medio ambiente e, en particular, de biodiversidade, de economía circular, de seguridade e saúde, de imaxe e comunicación, así como de xestión empresarial e económica. Deste xeito, a industria dos áridos busca prepararse para a esperada reactivación económica e converxer, sustentablemente, con Europa.

O seguimento do desenvolvemento do Plan Estratéxico 2012-2025 do Sector dos Áridos será unha directriz común ás diferentes áreas temáticas.

Exposicións e visitas

Así mesmo, o Congreso contará cunha exposición técnica e comercial moi relevante, onde as empresas fabricantes de equipos, instalacións, así como as provedoras de servizos poderán expor as últimas novidades tecnolóxicas e os últimos avances que permitirán progresar ao sector cara á vangarda da industria do século XXI.

A previsión inicial de medio centenar de casetas foi ampliada nas últimas semanas para poder acoller a un total de 60 empresas expositoras, boa mostra do éxito sen precedentes da exposición comercial. Ademais, 8 empresas exporán maquinaria xunto ao acceso principal do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, sede do evento.

Por outra banda, na mañá do 26 de outubro celebraranse dúas visitas técnicas para que os participantes coñezan de primeira man os detalles do Coto Mineiro Fabeira en Bandeira (Silleda) e da mina Serrabal en Vedra. Pola tarde está prevista a realización a pé do tramo final do Camiño de Santiago, partindo de Monte do Gozo, e que inclúen unha visita á Catedral.

Participación da COMG

A Cámara Oficial Mineira de Galicia non só está presente no Comité Organizador do congreso, senón que tamén participará coa exposición de dous relatorios o xoves 25 de outubro. O director da COMG, D. Diego López, falará por unha banda do Estudo da exposición ao po de sílice dos traballadores do sector dos áridos en Galicia (sesión 11) e por outra banda, exporá O procedemento para o outorgamento de dereitos mineiros na Lei 3/2008 de Ordenación da Minaría de Galicia; o principio de informe único (Sesión Temática 1).

10/10/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Asociación Galega de Graniteiros
Asociación Galega de Graniteiros
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.06
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web