Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


O Rodio, un metal precioso

enviar a un amigo

O prezo do rodio tense cuadriplicado entre 2016 e 2018, pasando a ser o metal máis caro do planeta, por diante de clásicos como o ouro e o cobre. Este desorbitado aumento do seu prezo débese á coincidencia do aumento da demanda e unha baixada na oferta, e algúns analistas de mercado apuntan que o seu valor podería seguir subindo.

Non existen minas de rodio, senón que este metal obtense da explotación de outros aos que vai asociado. Sudáfrica concentra o 80% da produción, asociado ao platino, e Rusia, onde se extrae xunto co níquel, é o segundo produtor.

Xa que o valor do platino ten caído recentemente, Sudáfrica baixou o seu nivel de produción, e consecuentemente, tamén a do rodio.

A ausencia dunha produción estable fai que o mercado do rodio, e o seu valor, sexa extremadamente volátil, ocasionando unha enorme incerteza entre os investidores. Hai unha década, o seu prezo acadou un máximo de 10.000 $ a onza (28 gramos). Logo, nun ano, caeu ata os 1.000 $, chegando a o mínimo de 639 $ en agosto de 2016, e aumentando ata os 2.350 $ a finais de 2018.

As súas aplicacións aumentaron a demanda

O rodio ten moitas e variadas aplicacións. En xoiería, emprégase xunto co ouro branco e o platino para acadar superficies máis reflectantes e de maior brancura, propiedade que é aproveitada para fabricación de equipos ópticos e certos tipos de espellos.

A industria electrónica demándao por ser bo condutor da electricidade; e tamén aporta dureza aos metais cos que se combina, polo que se se usa en aleación co platino ou o paladio para acadar unha maior resistencia á corrosión.

Pero se cadra, o que máis fixo aumentar a demanda deste metal nos últimos anos é a súa capacidade de reducir algúns dos gases daniños producidos polos vehículos, diminuíndo as emisións contaminantes. Por iso, é un compoñente clave dos catalizadores de automóbiles de gasolina –o 82% da produción mundial de rodio destínase a esta industria– e da industria aeroespacial.

O endurecemento dos estándares e límites de emisións contaminantes provocou o exponencial aumento da demanda, e como consecuencia, do seu prezo. Tal é así que se ten detectado un incremento no roubo de catalizadores de coches, polo seu contido en platino, paladio e rodio. 

04/01/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Cerámica Campo
Cerámica Campo
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.04
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web