Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 15.Noviembre.2018


O CESE considera a aplicación errónea das políticas ambientais, entre os factores de despoboamento d

enviar a un amigo

O Comité Económico e Social Europeo (CESE) emitiu a principios de 2017 un ditame sobre o Plan de acción en prol da natureza, as persoas e a economía, da Comisión Europea, dirixido a mellorar a aplicación das directivas, a súa coherencia cos obxectivos socioeconómicos e a participación das autoridades nacionais, rexionais e locais, as partes interesadas e os cidadáns.
No seu informe, o CESE considera que a aplicación das Directivas de conservación da natureza deben ser obxecto dunha substancial mellora.

Existen leis, pero hai que aplicalas

Indican que na UE “en materia de protección da biodiversidade non [nos] faltan leis, directivas, programas, proxectos modelo, declaracións políticas ou orientacións, senón resultados e accións concertadas en todos os ámbitos políticos de actuación” e que a política de biodiversidade é un exemplo clásico dunha política de promesas incumpridas a escala europea e nacional.

Entre os principais factores que explican as deficiencias de aplicación atópanse os limitados recursos, unha execución insuficiente, a escasa integración dos obxectivos de protección da natureza noutros ámbitos políticos, a falta de coñecementos e de acceso a datos, e as deficiencias en materia de comunicación e participación das partes interesadas.

Destacan tamén que quen aplican as Directivas, especialmente a escala rexional e local, ás veces non coñecen suficientemente os seus requisitos nin a flexibilidade e as oportunidades que ofrecen, o que xera tensións entre a protección da natureza e a actividade económica.

Recoñecen que as políticas ambientais europeas non se están aplicando correctamente, xa que a limitación das actividades económicas leva aparellado o despoboamento dos núcleos rurais.

O factor económico, principal limitación

O principal problema para garantir o éxito da política de biodiversidade é que, para os propietarios e usuarios das terras, as medidas de promoción ou conservación da biodiversidade na súa meirande parte non son unha fonte de ingresos, senón un factor de custos. Isto xera conflitos polo uso da terra, especialmente cando as condicións económicas ás que se ven expostos os agricultores e silvicultores son desfavorables.

As medidas de protección da biodiversidade deben ser economicamente viables para aqueles que as levan a cabo, non poden nin deben realizarse á súa costa. O CESE considera necesario mellorar substancialmente este aspecto e asignar un financiamento suficiente e específico para a Rede Natura 2000 no marco da programación financeira a medio prazo a partir de 2021.

A falta de financiamento non só é un problema para cumprir os obxectivos acordados en materia de biodiversidade, senón tamén síntoma dunha evolución indesexable das políticas europeas. Apróbanse leis que orixinan custos, pero non se acorda quen debe asumilos ou como deben cubrirse. Esa falta de coherencia entre a lexislación da UE e o orzamento da Unión é a fonte principal dos problemas da protección da biodiversidade en Europa.

O CESE pide unha vez máis á Comisión Europea que elabore proxeccións actualizadas dos custos da Rede Natura 2000 e considera indispensable presentar unha estratexia a longo prazo que satisfaga as necesidades financeiras da política de biodiversidade, xa que calquera concepto sen financiamento será incapaz de impulsar ningún cambio.

Plan de Actuación da UE

Este plan pretende establecer unha base sólida para conciliar a protección da biodiversidade e as actividades socioeconómicas, incluíndo os investimentos no capital natural; mellorar a xestión das zonas protexidas e conseguir a participación das autoridades nacionais, as partes interesadas e os mozos.

Consta de quince medidas que deberán levar á práctica de aquí a 2019 para mellorar a aplicación das Directivas sobre aves e hábitats, que constitúen as políticas emblemáticas da UE no ámbito da protección da natureza.

Estas Directivas establecen a maior rede coordinada de zonas protexidas ricas en biodiversidade do mundo (rede Natura 2000), que abarca máis do 18% da superficie terrestre da UE e o 6% das súas augas. Por si soas, estas zonas protexidas achegan dun 1,7% a un 2,5% ao PIB da UE a través da prestación de servizos ecosistémicos tales como o almacenamento de carbono, a depuración da auga, a polinización e o turismo.

O quince medidas do plan céntranse en catro ámbitos prioritarios:

  1. Mellorar as orientacións e os coñecementos e garantir unha maior coherencia con obxectivos socioeconómicos máis amplos
  2. Impulsar a responsabilización política e reforzar o cumprimento
  3. Aumentar os investimentos en Natura 2000 e mellorar a utilización dos fondos da UE
  4. Mellorar a comunicación e a divulgación, e lograr a participación de cidadáns, partes interesadas e comunidades

Segundo indican desde a Comisión Europea, o éxito do plan dependerá dunha estreita cooperación coas partes interesadas, en particular as autoridades locais e rexionais, debido ao papel chave que desempeñan na aplicación das Directivas.

30/10/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Asociación Galega de Graniteiros
Asociación Galega de Graniteiros
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web