Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 24.Abril.2019


Montañas del Courel, declarado primer Geoparque Mundial de la UNESCO del noroeste español

enviar a un amigo

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) vén de outorgarlle o recoñecemento de Xeoparque Mundial a Montañas do Courel, polo que o conxunto xeolóxico do sur de Lugo pasa a formar parte desta prestixiosa rede internacional que conta ata o momento con 140 xeoparques repartidos en 38 países.

Esta decisión, que foi tomada onte pola executiva da Unesco durante a súa 206 reunión celebrada en París, é froito de 5 anos de implicación por parte da GDR Ribeira Sacra Courel e dos tres concellos lucenses que integran o parque: Quiroga, Folgoso e Ribas de Sil.

Durante o proceso, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e o Colexio de Xeólogos en Galicia apoiaron de maneira intensa o proxecto, coa participación no comité científico da candidatura.

Este recoñecemento porá en valor esta zona do sur de Lugo, onde se sitúa a orixe de Galicia hai 350 millóns de anos, mentres que o resto de España aínda se atopaba baixo o océano.

En total son 97 os puntos de interese sinalados no mapa de Montañas do Courel, con excepcionais recursos xeolóxicos e mineiros que reflicten unha historia labrada por fenómenos tectónicos, outros procesos naturais e pola actividade do ser humano.

12/04/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras y Pavimentos Bretoña, S.A.
Pizarras y Pavimentos Bretoña,  S.A.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.09
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web