Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 22.Octubre.2018


Moeche dá a coñecer o seu pasado mineiro a través de xeorrutas

enviar a un amigo

O Concello de Moeche organizou este verán un programa de xeorrutas con visitas á antiga mina Piquito e ás canteiras de toelo. A iniciativa, enmarcada no proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, desenvólvese habitualmente en período estival e en Semana Santa. O xeólogo D. Francisco Canosa foi o encargado de guiar aos participantes nesta actividade divulgativa da riqueza xeolóxica e mineira da zona.

Pechada a finais dos anos 60 do pasado século, a mina Piquito foi a última explotación subterránea de cobre en Galicia. Cunha lonxitude de case medio quilómetro, no seu interior pódense observar espectaculares formacións de estalactitas e estalagmitas. A presenza de cobre nas augas que atravesan as galerías confire a estas formacións cores azuladas, verdosas ou negras pouco habituais.

Segundo destácase no folleto informativo sobre as xeorrutas, cabe destacar tamén un impresionante pozo de ventilación de máis de vinte metros de altura, unha caída de auga ferruxinosa ou as curiosas formacións arborescentes de sulfato de ferro nas pequenas lagoas do seu interior.

As visitas a este enclave realizáronse durante os fins de semana do 22 de xullo ao 1 de setembro, para grupos de ata dez persoas maiores de 12 anos.

Canteiras de Toelo

En canto ás canteiras de Toelo, a web municipal indica que a rocha de alí extraída, tamén coñecida como pedra de Moeche ou serpentinita, atópase case exclusivamente nesta contorna.

Sinala tamén que é un material de gran tradición histórica, xa que foi moi utilizado para uso ornamental, especialmente no ámbito relixioso. A industria siderúrxica do norte de Europa era outro dos principais destinos desta materia prima, cara onde se transportaba desde o porto de Ferrol.

Ademais da visita ás canteiras, a ruta, de tres quilómetros, permite contemplar o uso do material en diversas construcións. Este percorrido realizouse en dúas ocasións durante o pasado verán, unha en xullo e outra en agosto, con grupos de 25 persoas. 

20/09/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Cerámica Campo
Cerámica Campo
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web