Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 21.Junio.2018


Máiss de 400 persoas visitan a fábrica de Cementos Cosmos na súa primeira xornada de portas abertas

enviar a un amigo

04/11/2017

Máis de 400 persoas gozaron hoxe da primeira xornada de portas abertas que organizou Cementos Cosmos na fábrica situada en Oural. Tras catro anos practicamente parada e tras renovar a marcha o pasado mes de marzo, a planta fixo a súa presentación á sociedade nun acto que conseguiu superar as expectativas da empresa. Os asistentes foron recibidos pola dirección e puideron tomar un chocolate con churros. Despois percorreron as instalacións acompañados por persoal de fábrica que lles explicou as fases da produción do cemento. Antes de abandonar a planta, os visitantes recibiron un obsequio en agradecemento pola súa participación.

"Estamos encantados pola boa acollida que tivo esta iniciativa. A posta en marcha da fábrica encheu de ilusión aos veciños da zona e no día de hoxe sentímonos apoiados e arroupados por eles. Á vista do resultado, esta será a primeira de moitas xornadas máis" declarou o director da fábrica, Jaime Santoalla.

A celebración desta xornada de portas abertas forma parte do plan de Cementos Cosmos de relación coa súa contorna.

Sobre Votorantim Cimentos

Votorantim Cimentos entrou en 2012 no mercado español, desde o que opera en Europa, África e Asia a través da súa filial VCEAA (Votorantim Cimentos Europe, Africa & Asia). É parte do Grupo Votorantim, unha firma 100% brasileira que está presente en máis de 20 países, nos sectores de cemento, metais, aceiro, enerxía, papel e agroindustria. Votorantim Cimentos está desde 1933 no negocio dos materiais de construción (cemento, formigón, áridos e morteiros) e é unha das empresas máis grandes do sector, presente en Brasil, Arxentina, Bolivia, Canadá, Chile, China, España, Estados Unidos, India, Marrocos, Perú, Tunes, Turquía e Uruguai.
www.votorantimcimentos.com

Votorantim Cimentos en España

Votorantim Cimentos está presente en España coas marcas Cementos Cosmos, Cemento Teide, Prebetong Áridos, Prebetong Formigóns e Morteiros Pulmor e conta con fábricas integrais de cemento en Córdoba, Néboa (Huelva), Oural (Lugo) e Toral de los Vados (León); moendas de cemento en Tenerife e Bobadilla (Málaga); plantas de formigón situadas en Andalucía, Canarias, Castela e León, Estremadura e Galicia; plantas de morteiro e explotacións de áridos. 

04/11/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Canarga, S.L.
Canarga, S.L.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web