Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 21.Junio.2018


Lugo acollerá en novembro o IV Congreso galego de xestión enerxética

enviar a un amigo

O Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia (ICOIIG) está a organizar a cuarta edición do Congreso Galego de Xestión Enerxética Xenergal 2017, que se desenvolverá en Lugo os días 8 e 9 de novembro. A Cámara Oficial Mineira de Galicia é unha das entidades colaboradoras do encontro, que reunirá investigadores e profesionais do sector da enerxía na Comunidade galega.

Segundo informa a organización na web do evento (http://xenergal.icoiig.es), aceptáronse preto de corenta relatorios, nos que estarán representadas relevantes empresas e organismos do sector enerxético, así como universidades e administracións públicas. Na web poden consultarse as comunicacións presentadas e os seus autores.

O salón de actos da Deputación de Lugo acollerá esta cuarta edición do congreso. As persoas interesadas en asistir deben formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico xenergal2017@icoiig.es.

Sobre o ICOIIG

O Ilustre Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia é a corporación de dereito público que engloba persoas coa titulación de enxeñeiro industrial que desenvolven a súa profesión no ámbito xeográfico de Galicia. O seu obxectivo é defender os lexítimos intereses dos colexiados, así como ordenar e valorar a súa actividade profesional.

Segundo sinala na súa web corporativa (http://icoiig.es), a súa finalidade é ordenar o exercicio da profesión, ostentar a representación da profesión e a defensa da mesma ante os estamentos oficiais, defender os intereses profesionais dos colexiados e promover o desenvolvemento industrial sustentable.

13/10/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Blokdegal, S.A.
Blokdegal, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web