Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 17.Diciembre.2018


La Xunta convoca axudas para impulsar a sustentabilidade, a prevención e a innovación no sector mine

enviar a un amigo
DOG (03-04-2018)      

 

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta convocatoria destinada a entidades sen ánimo de lucro e que contará cun prazo dun mes para a presentación de solicitudes
  • Os apoios da Consellería de Economía, Emprego e Industria permitirán desenvolver ao redor de 20 proxectos de mellora das prácticas preventivas e ambientais, transferencia de coñecemento, e de investigación e innovación
  • A intensidade máxima de axudas será do 80% e terase en conta a tipoloxía da actuación, a calidade técnica da proposta e a difusión de resultados
  • A Xunta ratifica o seu compromiso cunha minería segura e sostible capaz de crear máis valor nun sector que representa máis do 1% do PIB e que xera 5000 empregos

 

A Xunta ratifica, coa súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), o seu compromiso coa minería a través da convocatoria dunha liña de axudas para impulsar a sustentabilidade, a prevención e a innovación no sector. Prevese que esta nova orde permita desenvolver ao redor de 20 proxectos e mobilizar máis dun millón de euros.

A convocatoria, que permanecerá aberta polo prazo dun mes -desde mañá ata o tres de maio-, está dirixida a entidades sen ánimo de lucro con representación no sector mineiro galego que presenten iniciativas que teñan como obxectivo mellorar as prácticas preventivas e ambientais; a transferencia de coñecemento, a investigación e a innovación neste eido; o aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais; ou a divulgación e promoción do sector.

As axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que poderán cubrir ata o 80% cun máximo de 100.000 euros por proxecto, tramitaranse por concorrencia competitiva e nos criterios de valoración terase en conta a tipoloxía da actuación -atendendo á finalidade, impacto e carácter innovador-; a calidade técnica da proposta; e a difusión de resultados. Cun orzamento final da Xunta para este programa de 889.642 euros, os apoios poderán destinarse a gastos relacionados con recursos humanos, adquisición de equipos e instrumental, custos de investigación contractual e patentes; ou material funxible.

O desenvolvemento destas iniciativas redundará na mellora do medio ambiente -grazas a proxectos que terán un menor impacto no contorno- e nunha maior seguridade no desenvolvemento da actividade mineira por parte dos traballadores ao fomentar a prevención en materia de riscos laborais. Estes apoios sumaranse aos realizados nas edicións anteriores, que desde 2012 teñen permitido o desenvolvemento de 60 proxectos, aos que a Xunta destinou 3,7 millóns de euros.

Deste xeito, a Xunta segue mantendo a súa aposta por impulsar unha minería segura e sostible, capaz de crear máis valor e empregos na Comunidade mantendo todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas nun sector que representa o 1% do PIB e que xera 5000 empregos en Galicia. 

03/04/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Iberoitaliana de Pizarras, S.A. - IPISA
Iberoitaliana de Pizarras, S.A. - IPISA
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web