Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Domingo - 24.Febrero.2019


Expertos analizarán os labores mineiros na Barquiña, Noia

enviar a un amigo

A Cámara Oficial Mineira de Galicia, o Concello de Noia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Colexio de Geólogos están a elaborar un convenio de colaboración para localizar e estudar os antigos labores mineiros da parroquia noiesa da Barquiña.

Esta iniciativa xorde a raíz do afundimento dun galpón o pasado mes de agosto, derivado da súa construción sobre as antigas galerías da mina Carmen.

A colaboración da Administración, Cámara e Colexio materializarase nun estudo que analizará a estabilidade estrutural da zona. O obxectivo é determinar o risco de subsidencia e a posible afección ás vivendas, instalacións e infraestruturas do barrio da Barquiña, para poder executar as medidas de protección que garantan a súa estabilidade.

Dada a complexidade dos fenómenos de afundimento e subsidencia, altamente condicionados polas características xeolóxico-mineiras, xeotécnicas e climatolóxicas locais, o estudo será desenvolvido por un equipo multidisciplinar de expertos, que incluirá xeólogos e xeofísicos.

Un pasado mineiro

A península de Barbanza conta cun amplo pasado mineiro debido á riqueza en mineralizacións de estaño e volframio desta rexión. Existen vestixios do aproveitamento destes minerais por parte de romanos e fenicios, pero non foi ata finais do século XIX cando cobrou maior importancia.

Ademais das minas abertas polas empresas da época, existiron tamén pequenos aproveitamentos rudimentarios por parte de veciños e particulares. Isto deu lugar a un bo número de vestixios mineiros salpicados polas comarcas de Barbanza e Noia.

Un deles é a mina subterránea Carmen, situada no barrio noiés da Barquiña, que foi explotada ata mediados do século XX para o aproveitamento de volframio e estaño.

28/09/2018 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Epifanio Campo S.L.
Epifanio Campo S.L.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.04
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web