Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 21.Septiembre.2018


España é o país europeo que máis leis lle aplica á actividade extractiva

enviar a un amigo

A minaría está suxeita en España a un total de 112 leis relacionadas directa ou indirectamente coa actividade. Convértese así no país da Unión Europea (UE) con máis lexislación aplicable ao labor mineiro, seguida de preto só por Croacia, con 110 normas, e Italia, con 96. Nos demais estados o número de leis varía desde as 10 de Malta e Francia ata as 65 de Letonia.

Das 112 normas españolas, unicamente seis son específicas do ámbito mineiro. Do mesmo xeito que España, a maior parte dos países comunitarios suma menos de dez leis mineiras. Sobresaen neste aspecto os casos de Italia e Polonia, con 29 normas, e Croacia, con 27.

En cambio, o Estado español destaca no número de leis relacionadas cos usos do chan e a xestión territorial, con 49. Duplica así ao seguinte país con máis lexislación deste tipo, Reino Unido, que suma 25 normas. Salvo nestes dous casos, xunto con Italia (20) e Croacia (16), o número de leis sobre o territorio nos países da UE sitúase por baixo de dez.

Medio e patrimonio

Tamén en lexislación ambiental é significativo o número de normas españolas, con 24, xa que só é superado por Croacia, con 38. Nos demais estados as leis ambientais que lle afectan á actividade mineira oscilan entre 2 e 16. O patrimonio é outro dos aspectos máis regulados en España, con 21 normas. Chega case a triplicar ao seguinte país con máis lexislación deste tipo, Reino Unido, con 6 normas.

En canto á auga, no Estado español existen catro leis. A maioría dos países teñen entre cero e catro normas sobre os recursos hídricos, excepto Hungría, con 10, e Letonia e Croacia, con 6. A lexislación que lle afecta á actividade mineira en España complétase con 8 normas máis sobre diversos temas.

Organismos implicados

Ademais, en España é significativo o número de organismos implicados nas 112 leis con afección sobre o ámbito mineiro, cun total de 103, só superado por Eslovaquia, con 113. Nos demais países a cifra oscila entre cero e 69. Deste xeito, a media de autoridades que participan na xestión dun permiso de exploración é de 3,03%. A media ascende ao 4,02% no caso dos permisos de extracción.

A análise sobre a lexislación con afección sobre a actividade mineira foi presentado por D. Manuel Regueiro, do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España na recente reunión do Min- Guide en Madrid, na que abordou a repercusión do marco legal no abastecemento mineral da Unión Europea.

 

23/05/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Cuiña, S.A.
Cuiña, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web