Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 17.Diciembre.2018


Erimsa recolle dous premios no Congreso Nacional de Áridos

enviar a un amigo
  • A Federación Española de Áridos apoia as boas prácticas ambientais que desenvolve a compañía en Ordes no marco da cita que clausurou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en Santiago de Compostela
  • Os galardóns avalan a minaría moderna e sostible que desenvolve en Galicia

O director xeral de Erimsa, José Luís Martínez Embil, recolleu de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dous primeiros premios outorgados pola Federación Española de Áridos (FDA): un na categoría de Boas Prácticas Ambientais en Frades e a comarca de Ordes, acompañado del director técnico, José Antonio Valencia; e outro en materia de Seguridade e Saúde no centro de produción de Castillo (Pontevedra), xunto con Florencio Quirós, responsable da planta.

O dobre recoñecemento produciuse no marco do V Congreso Nacional de Áridos, que se desenvolveu no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. Xunto á FDA, a organización do Congreso correu a cargo das súas asociacións membro, entre as que figura a Asociación Galega de Áridos (Arigal).

Un xurado independente, conformado por profesionais científicos e técnicos, recoñeceu a Erimsa co dobre galardón, ao que se suma a distinción co 1º Premio de Medio Ambiente e a designación, por parte da FDA, para que en ámbolos casos concorran aos Premios Europeos de Desenvolvemento Sustentable que convoca en 2019 a Unión Europea de Produtores (UEPG).

Erimsa impúxose ás candidaturas presentadas por empresas do sector que desenvolven a súa actividade en 9 comunidades autónomas: Andalucía, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana, País Vasco e Murcia, ademais de Galicia.

Este dobre recoñecemento súmase aos obtidos en 2015 co proxecto de recuperación na concesión mineira “Villalba I”, en Begonte, que *granxearon á compañía un 1ª Premio de Medio Ambiente FDA e o certificado europeo á excelencia.

O xurado recoñece, deste xeito, a filosofía empresarial de Erimsa, que desde hai máis de 30 anos leva a cabo en Ordes unha minaría moderna e sostible cuxas prioridades son a harmonía coas actividades económicas tradicionais e o respecto do medio ambiente. Así mesmo, recoñécense os esforzos que permitiron erradicar o po de sílice en Castelo.

Coa presidencia de honra do Rei Felipe VI, o V Congreso Nacional de Áridos desenvolveuse baixo o lema “Comprometidos coa sociedade”. O seu principal impulsor, a FDA, constitúe a federación máis representativa do sector ao aglutinar a preto de 700 compañías nacionais e internacionais e a 1.100 explotacións de áridos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado de clausurar esta cita de referencia no sector mineiro, que contou coa asistencia de numerosas autoridades e personalidades nacionais e internacionais.

27/10/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
José No Mantiñán e Hijos Construcciones, S.A.
José No Mantiñán e Hijos Construcciones, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web