Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 23.Octubre.2018


Erimsa recibe dous premios nacionais de desenvolvemento sustentable

enviar a un amigo
  • A Federación Española de Áridos, a máis representativa do sector xa que aglutina a preto de 700 compañías nacionais e internacionais e a 1100 explotacións de áridos, apoia con estes galardóns a minaría moderna e sustentable que desenvolve Erimsa en Galicia.

 

A Federación Española de Áridos (FDA) concedeu dous premios de gran relevancia a Erimsa por senllos proxectos que desenvolve en Galicia. A compañía foi recoñecida co máximo galardón na categoría de boas prácticas ambientais polo seu labor de extracción de cuarzo e posterior recuperación dos terreos en Frades e na comarca de Ordes, onde aplica o sistema de peneirado desde hai máis de trinta anos.

Este importante premio apoia a minaría moderna e sustentable característica de Erimsa, que prioriza a compatibilización do seu traballo coas actividades económicas tradicionais da zona: agrícola, gandeira e forestal. O método de peneirado implica a restauración total das leiras e desenvolveuse nunha superficie de 1.195 hectáreas, en 870 parcelas de 613 propietarios, cos que se alcanzaron sempre acordos voluntarios de aluguer con renuncia expresa ao dereito a expropiación. Existe un rexistro de 800 documentos que acreditan a devolución de leiras en perfecto estado para o seu uso anterior. O obxectivo da compañía é continuar traballando nesta zona coa mesma filosofía empresarial e metodoloxía.

O xurado independente concedeu un primeiro premio tamén a outro proxecto de Erimsa en Galicia. Neste caso, na categoría de seguridade e saúde polas medidas implementadas en Castelo (Pontevedra). Esta actuación permitiu erradicar a emisión de po de sílice nunha das cabinas do centro de produción.

Ambos os proxectos foron seleccionados pola propia FDA para presentar a súa candidatura, nas respectivas categorías, aos Premios Europeos de Desenvolvemento Sustentable que convoca en 2019 a Unión Europea de Produtores (UEPG).

O comité avaliador, integrado por profesionais de diferentes ámbitos vinculados ao sector mineiro, valorou propostas de empresas que desenvolven a súa actividade en de 9 comunidades autónomas: Andalucía, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana, País Vasco e Murcia.

Os premios entregaranse durante o V Congreso Nacional de Áridos, organizado pola FDA, que terá lugar en Santiago de Compostela do 24 ao 26 de outubro. Máis de 700 profesionais representando a compañías do sector de 20 países diferentes estarán presentes no congreso. 

10/05/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Cerámica La Manchica
Cerámica La Manchica
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web