Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 21.Junio.2018


Día da Ciencia na Rúa: éxito de afluencia no espazo de Minaría Sustentable de Galicia

enviar a un amigo

O espazo de Minaría Sustentable de Galicia rexistrou un grande éxito de afluencia e participación entre as persoas que se achegaron o pasado 5 de maio ao XXIII Día da Ciencia na Rúa, desenvolvido na cidade da Coruña. Ao longo de toda a xornada, nenos e maiores mostraron o seu interese por saber máis da actividade extractiva e probar os diferentes xogos dispoñibles.

Os visitantes deste espazo coñeceron, a través de tres grandes paneis informativos centrados na investigación, a extracción e a rehabilitación, os recursos xeolóxicos presentes en Galicia, as fases do seu aproveitamento a través da minaría e as diferentes posibilidades de restauración mineira. Ademais, os máis pequenos puideron xogar a ser mineiros co areeiro, onde simulaban os labores de sondaxe, extracción e restauración, e a maquinaria mineira de xoguete.

Unión a prol da divulgación

A instalación de Minaría Sustentable de Galicia foi posible grazas á unión de diversas entidades representativas do sector xeolóxico e mineiro galego, que se xuntaron baixo esta denominación para que a actividade extractiva estivese presente na nova edición do multitudinario e divulgativo Día da Ciencia na Rúa. O obxectivo é poñer de manifesto a longa relación entre a minaría, o territorio e a sociedade galega, así como o valor económico e ambiental que achega.

O grupo Minaría Sustentable de Galicia está formado pola Asociación Galega de Áridos; a Cámara Oficial Mineira de Galicia; o Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del Noroeste; o Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos y Grados en Minas y Energía de Galicia; a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo; o Ilustre Colegio Oficial de Geólogos; o Instituto Geológico y Minero de España e o Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña.
 

05/05/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
General de Hormigones S. A.
General de Hormigones S. A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web