Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Sábado - 22.Septiembre.2018


D. José Luis Fernández y D. Pablo Núñez, coordinadores dos comités de normativas e información

enviar a un amigo

D. José Luís Fernández, representante de Áridos do Mendo, e D. Pablo Núñez, representante do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG) foron nomeados o pasado xaneiro coordinadores dos comités de Normativas e Información, respectivamente. Así o acordou a Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia a comezos deste ano, despois de abrir en novembro un prazo para a presentación de candidaturas.

O labor de ambos coordinadores será o de establecer os obxectivos e coordinar as actuacións do correspondente comité.

O Comité de Normativas, creado en 2008, fai seguimento das normas en tramitación ou xa aprobadas que poidan influír no sector mineiro directa ou indirectamente. O pasado ano mantivo unha reunión e recibiu 47 circulares da Cámara para facer seguimento e aprobar informes.

Comité de Información

Pola súa banda, o Comité de Información naceu en 2014 para establecer as directrices de comunicación, tanto externa coma interna, e aprobar os comunicados, artigos e contidos difundidos pola Cámara. En 2017 recibiu un total de 29 circulares para revisión e aprobación de notas de prensa, publicadas principalmente no Boletín.

O importante labor desenvolvido polos comités levou a Cámara Oficial Mineira de Galicia a crear o pasado ano o Comité de Patrimonio Mineiro e Industrial. Trátase dun grupo de traballo formado por membros representantes dos distintos subsectores da COMG co obxectivo de poñer en valor o patrimonio xeolóxico e mineiro de Galicia. O seu coordinador é D. Roberto Almuíña, representante da Asociación Galega de Áridos. 

20/02/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Asociación Galega de Graniteiros
Asociación Galega de Graniteiros
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web