Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Sábado - 26.Mayo.2018


Cursos de formación preventiva maio-xuño

enviar a un amigo
Ficha inscrición Información ITC    

 

A Cámara Oficial Mineira de Galicia, co apoio do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, está a organizar cursos de formación preventiva para traballadores do sector mineiro, tanto Formación Preventiva para o Desempeño do Posto de Traballo (ITC 02.1.02 do Regulamento de Normas Básicas de Seguridade Mineira), como sobre outros riscos de seguridade, hixiénicos e ergonómicos que tamén son de interese.

Os cursos planificados para o mes de xuño no ámbito da ITC 02.1.02 son:

  • ET2004. Formación preventiva para traballadores de plantas e oficinas. 1, 2, 8, 9 xuño en Santiago (A Coruña).
  • ET2004. Formación preventiva para traballadores de plantas e oficinas. 15, 16, 22, 23 xuño en A Coruña (A Coruña).
  • ET2003. Formación preventiva para traballadores de preforación, corte e voadura. 15, 16, 22, 23 xuño en Santiago (A Coruña).

O horario será venres de 15.30 a 20.30 h e sábados de 9 a 14 h.

Os cursos planificados de momento para xuño sobre seguridade e saúde, son:

  • Exposición ao ruído (4h). 8 de xuño en A Coruña.
  • Caídas a distinto nivel (4h). 8 de xuño en Ourense.
  • Primeiros auxilios (8h). 15 de xuño en A Coruña.
  • Traballos de mantemento (4h).15 de xuño en Ourense.
  • Primeiros auxilios (8h). 22 de xuño en Ourense.
  • Exposición ao po (4h). 22 de xuño en Santiago.
  • Condución e uso seguro de maquinaria mineira móbil (4h). 29 de xuño en A Coruña.
  • Risco eléctrico (4h). 29 de xuño en Ourense.

O horario será venres de 16.00 a 20.00 h, inda que pode adaptarse ás necesidades das empresas..

O prazo de inscrición finaliza 3 días antes da data de inicio do curso. Para formalizala, só hai que enviar cuberta a ficha de inscrición que se adxunta.

As persoas que se inscriban nos cursos deben ser traballadores en activo ou autónomos no momento de realización do curso.

No caso de non alcanzarse o número de persoas mínimo para impartir o curso, cambiarase de data.

No caso de que a demanda supere a oferta de prazas, terán prioridade as empresas membro da COMG ao corrente no pago das cotas, seguidas daquelas empresas que formalizasen a preinscrición o pasado mes de abril..

04/05/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarcasa, Pizarras Castrelos, S.A.
Pizarcasa, Pizarras Castrelos, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web