Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 11.Diciembre.2018


Cerámica Verea celebra o seu 50 aniversario coa visita do Conselleiro de Economía, Emprego e Industr

enviar a un amigo

Cerámica Verea, empresa membro da Cámara Oficial Mineira de Galicia, celebrou o pasado outubro o seu 50 aniversario cunha visita institucional do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde, á fábrica situada en Mesía. A COMG estivo representada polo seu presidente, D. Juan de Dios Martín Aparicio, e o director, D. Diego López. O alcalde do concello que acolle as instalacións, D. Mariano Iglesias, estivo tamén presente no acto conmemorativo.

Durante o percorrido, o director xeral da firma, D. Luis Verea, alertou de que , a pesar dos “bos síntomas da boa marcha da economía española, o mercado de vivenda nova segue estancado e só se aprecian indicios de recuperación na rehabilitación”. Por este motivo, propuxo que as administracións promovan a instalación de tella cerámica en edificios e colexios públicos, xa que se trata dun produto de alta durabilidade e que contribúe á eficiencia enerxética, ademais de ser sustentable e reciclable.

Maior carga de traballo

Ademais, o director xeral anunciou “un incremento importante de carga de traballo” na empresa grazas á próxima produción dun novo modelo de tella chamado “Caribbean S”, deseñada para atender o aumento de demanda dos países do Caribe e responder as esixencias dunha climatoloxía adversa. A previsión é fabricar un millón de unidades.

Deste xeito, a compañía galega prevé o medre das exportacións nunha rexión na que ten unha grande implantación pola calidade dos seus produtos e a capacidade para atender un mercado que sufriu o peche de fábricas, continuos furacáns e tormentas tropicais. D. Luis Verea subliñou que en 2017 prevé facturar máis do 50% das súas vendas no exterior, tras incrementar a cota de mercado en Centroamérica e iniciar as exportacións a Chile e Rusia.

50 millóns de tellas ao ano

Cerámica Verea foi fundada en 1967 por D. Luis Verea Taboada en Mesía, onde ocupa un complexo industrial de case 300.000 metros cadrados distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano. Dispón tamén dunha instalación de moenda preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e dous patios de almacenamento. A compañía factura 8 millóns de euros e emprego 46 traballadores.

Segundo informa a empresa, no ano 2003 abordou un proceso de modernización e ampliación das instalacións que lle permitiu dispoñer dunha planta completamente robotizada. Ademais, os investimentos e a investigación do Departamento de Calidade e Innovación converteron Verea no primeiro fabricante español de tella que ofrece 50 anos de garantía de exención de defectos de fabricación para todas as súas tellas cerámicas.

Canteiras propias en Mesía

Cómpre sinalar que as arxilas utilizadas pola firma proceden de canteiras propias en Mesía. Para a empresa, a durabilidade das tellas débese, entre outros factores, á selección coidadosa da materia, moída e depositada nun podredoiro que lles confire características idóneas para a fabricación do produto final.
Canto a recoñecementos, neste ano, Verea obtivo o selo “Calculo e reduzo” que outorga o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, polo esforzo na redución dun 3,78% as súas emisións de CO2 á atmosfera. E desde o pasado setembro ten o selo de garantía “Galicia Calidade”.

Verea exporta a 29 países de catro continentes, entre os que destaca os Estados Unidos de América. A saída dos produtos realízase polos portos de Vigo e Marín, que ata setembro ascendeu a 410 contedores, un 7% máis que no mesmo período do ano anterior. “Temos unha boa posición no mercado americano e seguiremos insistindo para seguir medrando”, afirmou D. Luis Verea.  

10/11/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Minera de Rocas, SL
Minera de Rocas, SL
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web