Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


Asemblea Ordinaria 26-03-2019

enviar a un amigo
Documentación Memoria 2018 Delegación voto Censo socios electores

 

Segundo o aprobado na reunión da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) celebrada con data 28/02/2019, o Presidente acorda, en data 07/03/2019, convocar a Asemblea en sesión ordinaria o vindeiro martes 26 de marzo; no Balneario Termas de Cuntis, calle Balneario 1, Cuntis, Pontevedra (ver ubicación).

A Asemblea Ordinaria da COMG terá lugar ás 09:30 h en primeira convocatoria e 10:00 h en segunda, co siguiente Orde do Día en virtude do artigo 17 do Regulamento de Réxime Interior (RRI):

1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Ordinaria do ano 2018.
2º. Informe e propostas do Presidente. Memoria 2018.
3º. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2018.
4º. Aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva.
5º. Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos para o ano 2019.
6º. Actualización do censo de socios electores e elixibles.
7º. Aprobación das cotas ordinarias e extraordinarias necesarias para o sostemento dos gastos xerais.
8º. Rogos e preguntas.

A continuación, ás 12.00 h terá lugar un descanso para tomar un café, seguido ás 12.30 h dunha interesante xornada técnica, da cal se informará proximamente.

Para facilitar a organización, prégase confirmar asistencia mediante correo electrónico (cmg(a)camaraminera.org) ou teléfono (981 139 663).

Achégase o modelo de delegación de voto e a listaxe de socios electores e elixibles con dereito a voto na Asemblea, segundo o artigo 15.2 do RRI.

Poderán presentarse reclamacións a esta listaxe, ben por correo ordinario ou electrónico (cmg(a)camaraminera.org), ata o día 24 de marzo, inclusive, que serán resoltas na Asemblea.

26/03/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Explotación de Canteras del Noroeste, S.A. EXCANSA
Explotación de Canteras del Noroeste, S.A. EXCANSA
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.05
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web