Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Domingo - 25.Febrero.2018


Arigal promove a adopción da estratexia NEPSI de loita contra a silicose

enviar a un amigo

O pasado 24/10/2017 celebrouse na Sala Cinc da Cidade da Cultura unha xornada organizada pola Asociación Galega de Áridos sobre a prevención dos riscos laborais relacionados coa exposición ao po de sílice cristalina dos traballadores tanto das empresas mineiras como de sectores transformadores como a construción, vidro, cerámica e marmorarías.

Nesta xornada D. César Luaces , presidente do comité de Saúde e Seguridade da Unión Europea de Fabricante de Áridos, explicou as novidades regulamentarias a nivel europeo, entre as que destaca a aprobación que terá lugar mañá no Parlamento Europeo da Directiva pola que se inclúe ao Po de Sílice Cristalina xerado no posto de traballo como axente canceríxeno.

A aprobación de esta Directiva, que logo ten que seren trasposta a lexislación española, con leva a necesidade de complementar as medidas preventivas que xa contempla a lexislación vixente en España dende o ano 2012, con novas medidas para limitar todo o tecnicamente posible a exposición dos traballadores ao Po de Sílice Cristalina.

D. Julio Valle asesor xurídico de ARIGAL, resaltou a necesidade de establecer un procedemento documental explícito que recolla tódalas actuacións da empresa no eido da prevención fronte a exposición ao Po de Sílice Cristalina Libre.

D. Juan Carlos Pereira, de Ibersil, explicou a estratexia europea NEPSI, firmado por todos los sectores empresariais implicados a nivel europeo e os sindicatos e que contempla una estratexia definida de avaliación da exposición ao Po, establecemento de medidas de control e prevención: boas prácticas; formación e información aos traballadores; vixilancia da saúde e información a Comisión Europea.

ARIGAL, que aposta dende hai anos, pola implantación a nivel galego, mesmo reclamando o apoio da Xunta de Galicia, presentou a Guía para as empresas titulada “O Po de Sílice Cristalina”, dirixida a axudar as empresas do seu sector e aos seus traballadores a aplicación efectiva dunha política de prevención avanzada que minimice a exposición ao Po dos seus traballadores e con iso os riscos aos que puideran estar expostos.  

25/10/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras Gallegas, S.A.
Pizarras Gallegas, S.A.
Queixas, suxestions, parabens Banner censo minero

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.14:0.06
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web