Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 15.Noviembre.2018


Alumnos de Ordes mergúllanse na evolución da industria cerámica de Galicia a través de 'EnTéllate'

enviar a un amigo
  • Un grupo de 21 alumnos do CEIP Mesón do Vento de Ordes visitaron o Centro de Interpretación de Brañas de Valga e a fábrica de Verea
  • O obxectivo da iniciativa é difundir e poñer en valor os recursos naturais da comarca desde un punto de vista ambiental, histórico e social

Os alumnos de 6º de primaria do CEIP Mesón do Vento de Ordes participaron na primeira acción divulgativa do programa ‘EnTéllate’, que organizan Verea e o Concello de Mesía, co obxectivo promover o valor dos recursos naturais do medio rural como a arxila e a súa xestión sustentable.

A primeira xornada transcorreu entre o Centro de Interpretación Brañas de Valga e a fábrica de Verea en Mesía. Alumnado e profesorado realizaron unha visita guiada polo Centro de Interpretación para coñecer a historia da cerámica en Galicia, técnicas de elaboración e decoración da cerámica con elementos vexetais e animais.

Concluíron a visita cunha actividade na contorna recuperada das Brañas, onde hai máis de trinta anos extraíase o mellor barro de Galicia, e un taller de barro para realizar as súas propias creacións.

A xornada didáctica continuou na fábrica de Verea, onde coñeceron o proceso actual de fabricación de tellas cerámicas. Os alumnos descubriron como a arxila de canteiras da conca de Xanceda prepáranse na planta de moenda para a súa cocción a 1050º C e obtense unha tella coa máxima durabilidade do mercado.

Un proceso robotizado que se realiza co menor impacto ambiental xa que conta cos certificados Aenor de Calidade e Medio Ambiente ISO 9001:2015 e ISO 14001:2015, o certificado EMAS que outorga o Regulamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría, e o selo Calculo e Reduzo, outorgado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación pola redución de emisións de CO2.

Os centros educativos de Mesía, Frades e Boimorto sumaranse ao programa Entéllate nas próximas semanas.

EnTéllate, unha campaña para que os mozos ‘se decaten’

EnTéllate, campaña que conta co apoio da Cámara Oficial Mineira de Galicia, está dirixida a escolares de 6º de primaria e pretende promover o coñecemento sobre o medio rural a través de tres rutas: BioEnTéllate, HistoriEnTéllate e RuriEnTéllate.
BioEnTéllate é un achegamento aos recursos naturais da contorna e o medio natural das Brañas. HistoriEnTéllate aborda a evolución da historia da arxila en Galicia e a profesión dos cabaqueiros. RuriEnTéllate analiza sectores que son fundamentais para o rural e o seu impacto económico.

50 anos de experiencia

Verea ten capacidade para fabricar 50 millóns de tellas anualmente. A empresa, con medio século de traxectoria, conta cun persoal de 46 traballadores. Na actualidade, exporta máis do 50% da súa produción a países de catro continentes. Verea é a única empresa do seu sector que ofrece unha garantía de 50 anos para todas as súas tellas. 

08/10/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Construcciones Hermanos Carrajo, S.A.
Construcciones Hermanos Carrajo, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web